miniatura|280px|Imaxe de satélite de Europa.
Europa é un continente do planeta Terra, situado no Hemisferio Norte. Está unido a Asia, configurando unha enorme península dentro de Eurasia. Porén, adoita ser considerado un continente de seu non só polos elementos físicos, senón tamén por factores históricos e humanos.
É o segundo continente máis pequeno tras Oceanía, cunha extensión de 10.530.751 km², o 7 % das terras emerxidas. A súa distancia máxima de norte a sur é de 4.300 km, e de leste a oeste de 5.600 km. Sitúase no Hemisferio Norte. Limita ao norte co océano Ártico, ao sur co mar Mediterráneo e ao oeste co océano Atlántico, o que lle dá un marcado carácter oceánico que configura o seu clima. Ten case 38.000 km de costas, con numerosas illas (8 % da superficie) e penínsulas (27 %). Cara ao leste o límite é continental, aceptándose a súa delimitación nos montes Urais cara ao mar de Mármara.
Europa como concepto xeográfico miniatura|Grecia, berce da civilización europea. O concepto xeográfico de Europa tivo moitos diversos significados ao longo da historia, sendo debatidas as súas fronteiras físicas e o seu concepto político e cultural. A área estivo dividida e disputada durante 2500 anos, pero a pesar das diferenzas intentouse establecer obxectivos precisos para a entidade co propósito de acadar certa homoxeneidade dentro da diversidade do continente.
Coa expansión do Imperio romano naceu a idea de civilización romana que unía Europa; máis tarde o cristianismo tomou grande importancia como elemento formativo da conciencia europea. Xa noséculo XVI o renacemento proporcionou o optimismo necesario para a formación dun modelo moderno de Europa a escala mundial.
A primeira referencia ao topónimo Europa dáa Heródoto, que no século V a.C. fai unha división do mundo coñecido en tres partes: «Asia», «Libia» e «Europa». Esta primeira referencia é xa unha visión eurocéntrica do mundo, ao ser dada desde o propio continente.
Os avances da historia da cartografía permiten delimitar mellor as fronteiras cara aos séculos XVIII e XIX. Nesa época, en que a xeografía comezou a darse como disciplina científica, Europa era xa ben coñecida e consolidada, pero iniciouse un proceso de europeización, asociando a idea de Europa co progreso.
Historia xeolóxica miniatura|Foto de satélite dos Alpes, formados no cenozoico ou terciario. No precámbrico ou era arcaica (4500 – 570 m.a.) apareceron os primeiros núcleos emerxidos. Os materiais máis representativos eran rochas cristalinas formadas esencialmente por rochas ígneas e metamórficas.
No paleozoico ou era primaria (570 - 230/215 m.a.) houbo dúas fases de oroxénese: a caledoniana e a herciniana ou varisca. Os tipos de rocha son graníticas e gneis, amais de cuarcitas e, en menor proporción, areíscas e calcarias. Son os materiais do zócolo antigo.
O mesozoico ou era secundaria (230/215 - 70/60 m.a.) foi unha era de calma tectónica, con grande acumulación de sedimentos, tanto nas depresións de relevos de oroxénese como consecuencia da súa erosión, como nas foxas oceánicas. Estes sedimentos transformaranse noutro tipo de rocha, polo que as máis importantes son as calcarias (consecuencia dos sedimentos mariños) e as margas, arxilas e areíscas (consecuencia da erosión das existentes).
No cenozoico ou terciario (70/60 – 3 m.a.) ten lugar a oroxénese alpina, responsable da última configuración das cordilleiras actuais. Esta tectónica alpina posibilitou a existencia de relevos novos como resultado do pregamento dos materiais depositados no mesozoico. A súa forza de oroxénese chega tamén a influír nos materiais pregados e a transformar as oroxéneses anteriores.
No cuaternario (3 m.a. - actualidade) teñen lugar as glaciacións, instálase a rede fluvial e hai pequenos movementos tectónicos.
Relevo miniatura|Topografía de Europa. Europa é o continente máis plano, e ten unha altura media de 230 metros. A máxima expresión destas planicies é a gran chaira do Norte, que se estende 2.000 km desde as costas atlánticas francesas até os montes Urais, abríndose cara ao leste. Os puntos máis altos son o monte Elbrus (5.642 m) e o monte Shkhara (5.204 m, os dous no Cáucaso) e o Mont Blanc (4.807 m, nos Alpes).
Entre os golfos de Europa destacan o Golfo de Biscaia e o Golfo de Botnia. Os estreitos máis importantes son o paso de Calais, o Estreito de Xibraltar, o paso de Dardanelos, o Bósforo, o estreito de Messina ou o estreito de Oresund.
As penínsulas principais son a Escandinava, Ibérica, Itálica e a Balcánica, amais das de Kola (Rusia), Xutlandia (Dinamarca), Bretaña (Francia) e Crimea (Ucraína).
As principais illas son Gran Bretaña, Islandia, Irlanda, Sicilia, Sardeña, Córsega, Creta, Selandia, Eubea, Mallorca e Fionia.
Clima miniatura|Rexións bioxeográficas de Europa.
O continente europeo é unha zona temperada na súa maior parte, situándose aproximadamente entre os 35º e os 85º do hemisferio norte. O seu clima non só varía de norte a sur, senón tamén de oeste a leste por mor das correntes de aire polar mariño e polar continental, e en menor medida por mor das correntes de aire tropical mariño e tropical continental.
Distínguense os seguintes climas:
Clima mediterráneo: entre os 30º e os 45º de latitude. Destaca a aridez producida en verán provocada polo subtropical, e a humidade do inverno debida á fronte polar. Clima oceánico: dáse cara ao oeste, ás beiras do océano Atlántico desde Noruega até a costa norte de Portugal. Hai humidade constante e temperaturas moderadas sen grandes oscilacións. Cara ao interior do continente vaise convertendo en clima continental. Clima continental: caracterízase polo contraste entre as precipitacións, con frío seco no inverno e altas temperaturas en verán que provocan unha forte evaporación da auga e o seu regreso en forma de chaparradas. Clima de tundra: dáse entre os 60 e os 80 graos de latitude, en Rusia e ao norte de Escandinavia. Caracterízase por escasas precipitacións (arredor de 250 mm de media) e un frío constante, con máximas de 10 °C durante todo o ano. Clima de montaña: a temperatura redúcese entre 0,5 e 1 °C por cada 100 metros de altura, o que aumenta a humidade relativa do aire e provoca precipitacións, frecuentemente en forma de neve.
Hidrografía miniatura|Principais ríos e cuncas fluviais de Europa. miniatura|Xeografía europea desde Fisterra até os montes Urais.
Malia ser unha área pequena, o seu relevo pouco elevado crea ríos de grandes lonxitude, destacando especialmente o Rin, Danubio, Volga e o Don e mais os ríos da chaira rusa. Cara ao occidente destacan o río Douro, Texo, Ebro, Támese, Loira e Garona. Cara ao centro destacan, amais dos xa mencionados Rin e Danubio, o Vístula e o Sena.
Europa está rodeada por auga de diferentes formas:
Océanos e mares: o océano Atlántico ten maior volume, e as súas constantes ondas e mareas moldean as costas do noroeste do continente. Arredor de Europa están os mares de Noruega, Branco, de Barents, Báltico, de Irlanda, do Norte, a Canle da Mancha, o Cantábrico e o Mediterráneo. A súa, vez, este inclúe mares menores como o Tirreno, o Adriático, o Xónico e o Exeo. Tamén destacan o mar Caspio e o mar Negro, sen contacto cos océanos. Algúns mares europeos están comunicados entre si por estreitos, como o de Xibraltar, o de Dardanelos (que une o mar de Mármara co Negro) ou o de Kerch (que une o mar Negro co Azov).
Réximes hídricos: foron determinados a partir das condicións da posición lonxitudinal de Europa, das diversas formas do relevo e das variacións nas condicións climáticas e xeolóxicas do continente. Hai tres variedades:
Os que desembocan no mar Mediterráneo están condicionados polo estreito das súas cuncas e a súa curta lonxitude. Nacen en terreos altos con fortes pendentes, sendo moi caudalosos polas condicións abruptas do relevo e as condicións fortes do clima en inverno. Arrastran grandes cantidades de sedimentos e son pouco navegables. Entre eles están o Ebro, Po, Ródano, Maritza ou o Tíber.
Os que desaugan no océano Atlántico teñen cuncas moi extensas e grandes lonxitudes debido a que flúen por terreos planos. Orixinan estuarios nas súas desembocaduras, o que facilita a construción de portos e a súa navegabilidade. Amais dos ríos galegos e doutros xa mencionados anteriormente, outros exemplos son o Moza, Oder, Sena, Fornea, Weser, Guadalquivir, Umea ou o Glomma.
Os da Planicie Oriental atravesan grandes planicies da Europa Oriental, xeralmente xa en Rusia. Presentan percorridos largos e caudais variables. Adoitan conxelarse no inverno e ser navegables en verán. Pertencen a este réxime os ríos Volga, Danubio, Ural, Dniéper, Don, Dniester, Pechora ou o Nieven.
Lagos de Europa: ocupan unha extensión de 77.000 km². A maioría foron formados na época das glaciacións e o tectonismo. Segundo a súa localización, poden agruparse do seguinte xeito::
Os lagos setentrionais teñen orixe glacial, formados polo retroceso e a sobreescavación das linguas glaciais. Destacan os lagos de Finlandia e os de Rusia, como o Ladoga, Onega, Saimaa ou o Peipus.
Os lagos alpinos son de orixe glacial e tectónica. Sitúanse ao longo da cadea alpina, destacando os lagos suízos, o Balatrón (Hungría) e o Maior e o lago de Garda (Italia).
Os lagos mediterráneos son de menor tamaño pero moi profundos. Destaca o lago formado pola Albufera de Valencia e o mar Menor, os lagos do Rosellón e os deltas dos ríos Ródano, Po e Danubio, que nas súas desembocaduras forman corpos de auga pechados e interconectados co mar.
Vexetación A maior zona de vexetación de Europa, que divide a metade do continente desde o Atlántico até os Montes Urais, é un cinto de árbores de folla caduca e coníferas: carballos, pradairos e olmos mesturados con piñeiros e abetos. As rexións árticas da Europa setentrional e as vertentes superiores das súas montañas caracterízanse por unha vexetación de tundra, constituída fundamentalmente por liques, arbustos e flores salvaxes.
300px|thumb Boa parte do centro de Europa padece choiva ácida po mor do alto grao de industrialización da zona. En 2005 entrou en vigor a norma europea para limitar a contaminación atmosférica: as cidades de máis de 250.000 habitantes da Unión Europea non deben superar os 50 microgramos (0,05 mg) de partículas por metro cúbico de aire ambiental, que debe ser o límite máximo para 35 días ao ano, e o valor medio anual non debe superar os 40 microgramos.
A contaminación marítima tamén é un problema, xerada polo turismo, a vertedura de substancias contaminantes ao mar, como metais pesados (cromo, chumbo...), pesticidas, augas fecais, fertilizantes a base de nitratos e fosfatos que favorecen a proliferación de algas ou accidentes de petroleiros. Calcúlase que os barcos pesqueiros tiran ao mar anualmente preto de 150.000 toneladas de sedela, redes de plástico e outros residuos, que ao non ser facilmente degradables, danan a fauna mariña que se enreda neles ou intenta comelos.
O mar Adriático, como consecuencia das verteduras procedentes da conca do río Po, ten un nivel de fosfatos dez veces superior á media. O mar Mediterráneo o do Norte e o Báltico tamén presentan altos graos de contaminación.
Demografía miniatura|Mapa demográfico de Europa. En 2009 Europa tiña 731.000.000 habitantes (497.198.740 pertencentes á Unión Europea), un 12 % da poboación do planeta. Con todo, posúe unha demografía que perde peso, cun crecemento natural escaso ou mesmo negativo.
Posúe un elevado grao de urbanización, consolidado trala Idade Moderna, cunha poboación urbana de entre o 75 e o 85 %, destacando en países como Alemaña, Dinamarca ou o Reino Unido. Ten un débil dinamismo natural, xa que a mortalidade (12 %) supera a natalidade (11 %). A taxa de fecundidade, do 1,5 %, é das máis baixas do mundo.