Isabel Mociño González, nada en Sarreaus o 2 de marzo de 1974, é unha crítica literaria galega.

Traxectoria Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseira de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela, na que tamén exerceu labores docentes. Entre o ano 2006 e 2009 foi lectora de lingua, literatura e cultura galegas na Universidade do País Vasco e actualmente é profesora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo no Campus de Ourense.

Membro da Rede Temática de Investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano/As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI), dende a súa fundación en 2004, tamén forma parte da directiva da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ), é presidenta da súa sección Elos. Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil e secretaria da Asociación Galega da Crítica (AGC).

Ten presentado diferentes relatorios e comunicacións en encontros científicos nacionais e internacionais, ademais de publicar en libros colectivos, revistas e xornais artigos e recensións sobre literatura infanto-xuvenil galega e tamén sobre literatura galega.

Isabel Mociño foi unha das persoas que sobreviviu ao naufraxio do transatlántico Costa Concordia, do 13 de xaneiro do 2012, na costa de Italia."Dos vigueses entre el pasaje: "'Era la imagen del Titanic'", Atlántico Diario, 15 de xaneiro de 2012 .

Obras colectivas Ensaio A memoria das guerras na literatura infantil e xuvenil en lingua galega, 2004, Xerais. A nosa literatura infantil e xuvenil 2003, 2004, Gálix/Xunta de Galicia. Informes de Literatura 1999 (2000), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Hans Christian Andersen, Jules Verne e El Quijote na literatura infantil e xuvenil do marco ibérico, 2005, Xerais. Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico, 2005, Universidade de Santiago de Compostela. Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil, 2006, Xerais. Amador Montenegro Saavedra e a súa obra narrativa en galego, 2007, Centro Ramón Piñeiro. Grandes autores para pequenos leitores, 2007, Deriva Editores, Porto. Do livro à cena, 2008, Deriva Editores, Porto. A guerra civil española na narrativa infantil e xuvenil, 2008, Xerais. Docencia, investigación y crítica de LIJ en el Marco Ibérico, 2008, LIJMI/ Centro de Promoción de la Lectura y Literatura Infantil. A Memória nos Livros: História e histórias, 2009, Deriva Editores. Porto. Leitura dos espaços e espaços de leitura / Lectura de los espacios y espacios de lectura, 2008, Universidade de Passo Fundo/Universidades Lectoras. Brasil. Galicia en Euskadi/Galizia Euskadin, 2010, Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea/Xunta de Galicia. Maré de Livros, Porto: Deriva Editores/LIJMI. Rede Temática “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico, 115 pp. (ISBN 978-972-9250-73-6). Santiago. Relatos infanto-xuvenís para o Camiño, 2010. Xunta de Galicia / ELOS (Asociación Galego Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil) / LIJMI (Rede temática de investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano). Itinerario de lecturas. De Camiño a Compostela pola LIX, 2010. Xunta de Galicia/ ELOS (Asociación Galego Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil) / LIJMI (Rede temática de investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano). Interacciones entre las literaturas ibéricas. Relaciones literarias en el ámbito hispánico: traducción, literatura y cultura, 2010. Peter Lang. Crítica e Investigación en Literatura Infantil y Juvenil/Crítica e Investigação em Literatura Infantil e Juvenil, 2011, ANILIJ. Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil/Centro de Investigação em Estudos da Criança (Instituto de Educação - Universidade do Minho). O álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), 2011. Xerais. Literatura Infantil y Juvenil y Diversidad Cultural/Literatura para a Infância e Juventude e Diversidade Cultural, 2011. ANILIJ. Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil/ELOS. Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil/Centro de Investigação em Estudos da Criança (Instituto de Educação - Universidade do Minho). Globalização na Literatura Infantil. Vozes, Rostos e Imagens, 2011. Lulu Entreprises. Estudo comparado de narrativa infantil e xuvenil de ficción científica nas literaturas galega e portuguesa (Universidade de Santiago de Compostela, ISBN 978-84-9887-771-7 (tese de doutoramento). Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova. A Crítica e a Literatura Infantil e Xuvenil. Escrita Contemporánea. Q, Monográfico. 2011. AELG. Literatura Infantil y Juvenil e Identidades/Literatura para a Infância e Juventude e Identidades, 2012. ANILIJ. Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil/ELOS. Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil/Centro de Investigação em Estudos da Criança (Instituto de Educação - Universidade do Minho). La guerra civil española en la narrativa infantil y juvenil (1936-2008), 2012. Tropelias&Companhia/Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. Porto/Santiago de Compostela. Literatura para a Infância e a Juventude e Educação Literária, 2013, Deriva Editores, Porto. La familia en la literatura infantil y juvenil / A família na literatura infantil e juvenil. 2013. ANILIJ/ELOS/CIEC Universidade do Minho. De la Literatura Infantil a la Promoción de la Lectura, 2013. CEU Ediciones. Inmigración/Emigración na LIX. 2014. Xerais /LIJMI/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Literatura y Re/escritura. 2014. Coímbra: Centro de Literatura Portuguesa The Representations of the Spanish Civil War in European Children’s Literature (1975-2008), 2014. Peter Lang. Formación lectora. Obras imprescindíbeis / Formação leitora. Obras Imprescindíveis(2014). Porto: Tropelias&Companhia. Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Ensaio/Investigación. Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega, 2015. Peter Lang. Día das Letras Galegas 2015. Xosé Filgueira Valverde, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Libros galegos de onte e hoxe para a nenez e a mocidade (2010-2015), coord. Blanca-Ana Roig Rechou e Isabel Mociño González. 2015. Santiago de Compostela: Servizo de Publicación da Universidade de Santiago de Compostela/Instituto de Ciencias da Educación. Libros en galego de onte e hoxe para a nenez e a mocidade (2010-2015), coord. Isabel Mociño González e Blanca-Ana Roig Rechou. 2015. Santiago de Compostela: Servizo de Publicación da Universidade de Santiago de Compostela/Instituto de Ciencias da Educación. De como a Literatura para a Infância e a Juventude «é chamada à guerra». Reflexões sobre os conflitos bélicos na Galiza e em Portugal /De como a Literatura para a Infancia e a Xuventude «é chamada á guerra». Reflexións sobre os conflitos bélicos en Galicia e Portugal. 2015. Porto: Tropelias&Companhia/ inED (Universidade de Aveiro). Retorno aos clásicos. Obras imprescindíbeis da narrativa infantil e xuvenil, Vigo/ Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia/Red Temática LIJMI/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2015, 573 pp. (ISBN 978-84-9914-946-2). A Grey Background in Children’s Literature: Death, Shipwreck, War, and Disasters / Literatura infantil y juvenil con fondo gris: muerte, naufragios, guerras, y desastres, coordinado por B.-A. Roig Rechou e Riita Oittinen. 2016. München: Iudicium. Estudos e Investigacións na Facultade de Educación de Ourense 100 anos despois de Risco. 15 anos da Facultade de Ciencias da Educación, A Coruña: Andavira Editora, 2016, 512 pp. (ISBN 978-84-8408-956-8). Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, Vigo/ Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia/Red Temática LIJMI/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2016, 470 pp. (ISBN 978-84-9121-123-5). Livro-Objeto: das potencialidades criativas às propostas de leitura. Porto: Tropelias&Companhia, col. PerCursos da Literatura Infantojuvenil, n.º 17, 226 pp. (ISBN 978-989-8582-54-6). Sobre letras e signos. Estudos en homenaxe a Anxo Tarrío Varela. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, pp. 583–596 (ISBN 978-84-453-5251-9). Educación literaria y artística: conflictos sociales y bélicos. Barcelona: Graó, col. Análisis y estudios, n.º 2, pp. 101–122 (ISBN 978-84-9980-789-0). Guía de narrativa. Prelectores e primeiros lectores. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, col. Ler conta moito.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Red temática de investigación Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Sarreaus Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela