miniatura|Acto antitaurino en Murcia en 2009. miniatura|Manifestación antitaurina en Pontevedra. miniatura|Corridas de touros ao estilo español no mundo:

Nota: Algúns concellos prohibiron as corridas de touros en países e rexións onde é legal. miniatura|A tauromaquia nas provincias españolas no século XIX. miniatura|A tauromaquia nas provincias españolas no 2012. Coñécese como antitauromaquia ao rexeitamento á tauromaquia, é dicir, ao acto de facer corridas de touros ou outros espectáculos ou festexos utilizando a estes animais.

As corridas de touros, no seu sentido moderno, nacen en España no século XVIII e desde entón espertaron críticas e desatado polémicas, incluíndo prohibicións esporádicas, desde os mesmos comezos ata a actualidade. Os argumentos dos seus detractores cambiaron ao longo do tempo, segundo o momento histórico, e tivo xustificacións moi variadas: relixiosas, morais, económicas, estéticas, políticas e culturais entre outras.

En Galicia thumbnail| En Galicia existe unha plataforma antitaurina, fundada en 2008, chamada Galicia, Mellor Sen Touradas, cuxo obxectivo é eliminar as escasas corridas de touros que se realizan nunha Comunidade con pouca afección á "festa nacional". Pontevedra é a única capital de provincia que ten unha praza de touros en activo, aínda que se realizan corridas noutras poboacións como A Coruña ou Padrón, ambas con subvención municipal.

Segundo Gallup, o 86% dos galegos rexeitarían ou aborrecerían os festexos taurinos, unha das maiores oposicións á tauromaquia en España.

En 2010 Galicia, Mellor Sen Touradas iniciou unha campaña para declarar o maior número de municipios abolicionistas, baixo o nome "Queres declarar a túa cidade abolicionista?".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Informe antitaurino e material diverso .

Categoría:Tauromaquia