Xulián Maure Rivas, nado en Vigo o 6 de novembro de 1941, é un ensaísta e editor galego.

Traxectoria Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca (1963) e en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1976), e doutor en Filosofía e Letras. Foi profesor en varios institutos galegos e profesor de Teoría da Lingua Escrita no terceiro ciclo da Universidade de Vigo.

De 1973 a 1978 foi responsable das edicións galegas da Editorial Anaya. Foi un dos fundadores, en 1979, de Edicións Xerais de Galicia, con Germán Sánchez Ruipérez e Camiño Noia. Foi tamén Subdirector Xeral do Libro da Xunta de Galicia, membro activo da Asociación de Tradutores Galegos, desde onde impulsou a creación da Biblioteca Virtual Galega no ano 2000.

Obras Biografía Valentín Arias, 2024, Ir Indo.

Ensaio Galicia sen libros. Informe sobre o libro galego, 1987, Consello da Cultura Galega. A Cátedra de gramática de Tui (1543?-1729), centro de represión lingüística, 1997, Oxford Centre for Galician Studies. Un camiño novo para unha vella utopía, 2004, Edicións do Cumio. Para unha escriptoloxía do Galego, 2006, Fundación Barrié. Documentos medievais de Santa María de Baiona (1274-1531) (2024). Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-17802-65-3.

Traducións A avoiña da maceira, de Mira Lobe, 1990, Juventud. A parva de Agostiña, de Otfried Preussler, 1990, O barco de vapor, SM. Querida avoa... A túa Susi, de Christine Nöstlinger, 1990, O barco de vapor, SM O carteiro de Neruda, de Antonio Skármeta, 2008, BIVIR.

Obras colectivas A parroquia hoxe, 1970, Galaxia. Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio. Un camiño novo para unha vella utopía, 2004, Edicións do Cumio. Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Edicións Xerais de Galicia Categoría:Nados en 1941 Categoría:Editores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo