O Castro de Rueta é un castro que se atopa na parroquia de Cervo do concello de Cervo, na provincia de Lugo.
Morfoloxía
Está asentado sobre un terreo elevado á beira do mar Cantábrico.
O seu acceso a terra está delimitado por uns muros definidos, bastante colmados por terra e pola rampla de acceso. Obsérvase a muralla da croa e outros murados. Ademais ten uns foxos definidos cun punto único de entrada na parte central.
Pódense distinguir varios grupos de estruturas a simple vista, como a croa e os seus muros, a rampla de acceso ó castro, o antecastro e os muros defensivos asociados ós foxos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Castros de Galicia Castro de Burela
Rueta