Miguel Anxo Seixas Seoane, nado en Arzúa o 29 de setembro de 1960, é un historiador galego.
Traxectoria Licenciouse en Historia da Arte Moderna e Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Foi redactor e guionista da Televisión de Galicia, e foi coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.
É presidente da Fundación Castelao.
Obras Ensaio O Camiño de Santiago (1990). Ánxel Casal (1995). Concello de Santiago. Galicia, camiño celeste (2003). Fundación Caixa Galicia. Castelao pintor (2006). Galaxia. Ánxel Casal Gosenxe: o editor de Nós (2009). Concello de Santiago. Quen fora pedra. Centenario do monumento a Rosalía na Alameda de Santiago de Compostela (2017). Deputación da Coruña. Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930 (2019). Galaxia. 1336 páxs. ISBN 978-84-9151-318-6. Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939 (2020). Galaxia. 1500 páxs. ISBN 978-84-9151-476-3. Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950 (2021). Galaxia. 1092 páxs. ISBN 978-84-9151-762-7.
Tradución O Camiño de Santiago: peregrinos a Compostela na Europa medieval, de Fernando Aznar, 1990, Xerais.
Obras colectivas Celso Emilio Ferreiro 1912-1979. Unha fotobiografía, 1989, Xerais. Álvaro Cunqueiro 1911-1981. Unha fotobiografía, 1991, Xerais. A memoria de Santiago, 2000, Xerais. Para ler a Castelao. I. II, 2000, Galaxia. Galicia, o sorriso de Daniel, CCG, 2004. Con Ramón Villares. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. 1936. O Estatuto esquecido, 2016, Guiverny. "Camilo Díaz Baliño: o deseñador da nación", en As Irmandades da Fala, cen anos despois, 2016, UDC.
Premios e recoñecementos
2025: Premio Lois Peña Novo polo seu “compromiso coa promoción da lingua e identidade do país, así como coa recuperación de figuras clave da nosa historia e pensamento”.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha do autor na páxina web da Editorial Galaxia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1960 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela