miniatura|300px|dereita|O Discovery Institute usou o fresco "A creación de Adán" da Capela Sistina. Posteriormente, usou unha imaxe menos relixiosa, e o centro pasou a chamarse Centro para a ciencia e a cultura. O Movemento do deseño intelixente () é unha campaña neocreacionista relixiosa con orixe nos Estados Unidos de América, que promove a idea do deseño intelixente en ámbitos sociais, académicos e políticos, afirmando que "certas características do universo e a vida explícanse por unha causa intelixente e non por un proceso non dirixido coma a selección natural. Este movemento ten varios plans de acción, dos que os máis coñecidos son os do Discovery Institute, como por exemplo a estratexia da cuña (controversia sobre o ensino).
Orixe O movemento do deseño intelixente apareceu e desenvolveuse nos Estados Unidos contra 1987, a través dunha versión moderna do argumento teleolóxico para a existencia de Deus, despois de fracasaren, salvo éxitos menores e provisionais, os intentos dos representantes da literalidade bíblica de lograr o ensino do relato da creación do libro da Xénese nas clases de Ciencias naturais.
O movemento do deseño intelixente é un rebento directo do creacionismo. As comunidades científica e académica, xunto co Tribunal Federal Norteamericano, consideran o deseño intelixente como unha forma de creacionismo ou como un descendente directo que está estreitamente ligado co creacionismo tradicional"para a maioría dos membros da comunidade científica, o DI non é unha teoría científica, senón unha pseudociencia creacionista". Trojan Horse or Legitimate Science: Deconstructing the Debate over Intelligent Design , David Mu, Harvard Science Review, Volume 19, Issue 1, Fall 2005.• "Creationists are repackaging their message as the pseudoscience of intelligent design theory". Professional Ethics Report , American Association for the Advancement of Science, 2001.• Conclusion of Kitzmiller v. Dover Area School District RulingWise, D.U., 2001, Creationism's Propaganda Assault on Deep Time and Evolution, Journal of Geoscience Education, v. 49, n. 1, p. 30–35.Who Believes What? Clearing up Confusion over Intelligent Design and Young-Earth Creationism, Marcus R. Ross, Journal of Geoscience Education, v. 53, n. 3, maio de 2005, p. 319–323The Creationists: From Scientific Creationism to Intelligent Design, Expanded Edition, Ronald L. Numbers, Harvard University Press, Cambridge, Massachusetts, 30 de novembro de 2006, ISBN 0-674-02339-0., e varios autores refírense explicitamente a el como "creacionismo do deseño intelixente"Forrest, Barbara (maio de 2007). "Understanding the Intelligent Design Creationist Movement: Its True Nature and Goals. A Position Paper from the Center for Inquiry, Office of Public Policy " (PDF). Center for Inquiry, Inc. Consultado o 22 de agosto de 2007; Forrest, B.C. and Gross, P.R., 2003, Evolution and the Wedge of Intelligent Design: The Trojan Horse Strategy, Oxford, Oxford University Press, 224 p., ISBN 0-19-515742-7Wizards of ID: Reply to Dembski , Robert T. Pennock, p. 645–667 of Intelligent Design Creationism and Its Critics: Philosophical, Theological, and Scientific Perspectives, Robert T. Pennock (editor), Cambridge, MIT Press, 2001, 825 p., ISBN 0-262-66124-1; Pennock, R.T., 1999, Tower of Babel: Evidence Against the New Creationism, Cambridge, MIT Press, 440 p.The Creation/Evolution Continuum , Eugenie Scott, NCSE Reports, v. 19, n. 4, p. 16–17, 23–25, xullo/agosto de 1999.; Scott, E.C., 2004, Evolution vs. Creationism: An Introduction, Westport, Greenwood Press, 296p, ISBN 0-520-24650-0.
O movemento ten a súa sede no Center for Science and Culture (CSC), (Centro para a ciencia e a cultura, en inglés), establecido en 1996 como o brazo creacionista do Discovery Institute para promover os seus obxectivos relixiososWedge Document Discovery Institute, 1999. (PDF file). Ambas as institucións reclaman amplas mudanzas sociais, académicas e políticas. As campañas do deseño intelixente do Discovery Institute realízanse principalmente nos Estados Unidos, aínda que se fixeron esforzos para promover o DI noutros países. Os líderes do movemento afirman que o deseño intelixente expón as limitacións da ortodoxia científica e da filosofía secular do Naturalismo.
Postura Os defensores do movemento do deseño intelixente alegan que a ciencia non debería limitarse ao naturalismo nin debería demandar a adopción de filosofías naturalistas que rexeitan automaticamente calquera explicación que conteña causas sobrenaturais, pois o que parece sobrenatural ou milagroso é só o que aínda non se lle coñece unha causa lóxica. O obxectivo principal do movemento é "derrotar a visión do mundo materialista" representada pola teoría da evolución en favor "dunha ciencia consonte con conviccións teístas e cristiás"Wedge Document Discovery Institute, 1999..
Phillip E. Johnson afirmou que o obxectivo do deseño intelixente é o de presentar o creacionismo como un concepto científicoJohnson 1999. Reclaiming America for Christ Conference. How the Evolution Debate Can Be Won . Todos os principais defensores do deseño intelixente son afiliados ou funcionarios do Discovery Institute e o seu Centro para a ciencia e a culturaDiscovery Institute fellows and staff. Center for Science and Culture fellows and staff. . Practicamente todos os conceptos do deseño intelixente e o movemento asociado son produtos do Discovery Institute, que guía o movemento seguindo a súa estratexia da cuña en canto conduce a súa campaña de ensinar a controversia e outros programas relacionados.
Algúns dos principais defensores do deseño intelixente fixeron declaracións conflitivas en relación co deseño intelixente. En declaracións dirixidas ao público en xeral, afirman que o deseño intelixente non é relixioso; cando o abordan cristiáns conservadores que apoian o movemento, afirman que o deseño intelixente ten os seus fundamentos na Biblia. Recoñecendo a necesidade de apoio, o Instituto afirma a súa orientación cristiá, evanxélica: "Xuntamente cun foco sobre os formadores de opinión influentes, temos tamén o obxectivo de construír unha base de apoio popular entre o noso círculo de constituíntes, a saber, os cristiáns. Farémolo esencialmente a través de seminarios apoloxéticos. É a nosa intención incentivar e dotar a eses crentes con novas evidencias científicas que soportan a fe, así como "popularizar" as nosas ideas no ámbito máis amplo da cultura". Barbara Forrest, unha especialista que escribiu extensamente sobre o movemento, liga ese comportamento aos obxectivos ofuscantes do Discovery Institute debido a razóns políticas. Escribiu que as actividades do movemento "teñen unha verdadeira intención agresiva e sistemática para promover non só o creacionismo do deseño intelixente, senón tamén a visión do mundo relixiosa entrelazada con el"Barbara Forrest. 2001. "The Wedge at Work: Intelligent Design Creationism and Its Critics.
Este movemento tamén rexeita as posturas representadas pola evolución teísta e o creacionismo evolutivo que, aínda que cren na existencia dun creador e un propósito, a diferenza do Movemento do deseño intelixente, a evolución teísta e o creacionismo evolutivo si aceptan que os seres vivos se diferenciaron a través dun proceso de evolución natural sen a intervención directa de Deus; ao considerar a Deus o creador das leis da natureza, pero "sen actuar directamente" no desenvolvemento dos procesos que actúan na evolución, e que describen as ciencias naturais.
Argumentos do Movemento do deseño intelixente Os promotores do deseño intelixente argumentan que o modelo científico da evolución por selección natural é insuficiente para explicar a orixe, a complexidade e a diversidade da vida, e que o universo está tan ben adaptado para as criaturas viventes como para pensar que é así por puro azar. A evolución descríbena os científicos, porén, como un proceso sistemático e orientado, baseado na selección, que traballa, iso si, sobre unha variabilidade xerada por procesos esencialmente aleatorios.
Os defensores do deseño intelixente non toman publicamente un partido explícito sobre a identidade do ou dos creadores, ou sobre os medios que utilizaron para deseñar e despois crear a vida, pero son respaldados pola maioría dos partidarios da lectura literal da Biblia e actúan ao abeiro de institucións explicitamente cristiás e fundamentalistas.
Os argumentos que achegan en favor do chamado "deseño intelixente" refírense sobre todo aos seguintes aspectos:
O "universo ben afinado" Un dos argumentos dos partidarios do deseño intelixente, que inclúe elementos adicionais á bioloxía, é o que afirma que vivimos nun universo ben afinado, con moitas características que fan posíbel a vida e que non poden atribuírse á sorte. Estas características inclúen os valores das constantes físicas (como o valor das interaccións nucleares) e moitos outros. Os defensores deste modelo, entre eles o membro do "Centro para a ciencia e a cultura" Guillermo González, argumentan que se algún destes valores fose lixeiramente diferente, o universo sería dramaticamente diferente, facendo imposíbel a existencia de moitos elementos químicos e características do universo tales como as galaxiasGuillermo González. The Privileged Planet.. De maneira que, para que a vida exista, fai falta a presenza dun deseñador intelixente que asegure que as condicións requiridas estivesen presentes no seu momento producindo o resultado que este deseñador tiña previsto.
A comunidade científica respondeu de forma case unánime que non é posíbel verificar este argumento, polo que só pode ser base de especulacións. Ademais, non existe evidencia suficiente que apoie este argumentoThe Panda's Thumb. review of The Privileged Planet .
A "complexidade irredutíbel" miniatura|esquerda|250px|Detalle do mecanismo presente nun flaxelo celular. Para os defensores do deseño intelixente, algunhas estruturas biolóxicas non poden ser explicadas pola selección natural.
Formulada polo bioquímico M. J. Behe en termos de "complexidade bioquímica irredutíbel", pode expoñerse así:
Behe utiliza o trebello para ratos como exemplo para ilustrar o concepto. Unha trampa para ratos está composta por varias pezas que interactúan -a base, a trampa, o resorte, o martelo-, todas elas deben estar no seu posto para que o trebello para ratos funcione. Ao eliminar un deles, o obxecto deixa de ser funcional. No deseño intelixente afírmase que a selección natural non podería crear sistemas complexos irredutíbeis, debido a que a función de selección se aplica logo que o sistema complexo xa está armado. Os exemplos de complexidade irredutíbel propostos por Behe inclúen mecanismos biolóxicos como o das bacterias Escherichia coli, o cilio e o mecanismo adaptativo do sistema inmunitario.
Trátase dunha reedición dun argumento usado contra o darwinismo desde antigo, por exemplo con respecto á complexidade do ollo. Behe intentouno renovar con respecto a agregados macromoleculares funcionais como o flaxelo bacteriano. Alega que a complexidade dunha estrutura deste tipo, onde non se observa redundancia, é irredutíbel, porque a alteración de calquera das partes destrúe por completo a funcionalidade do conxunto (o que é certo). Alega (sen argumentos) que este feito inhabilita a selección natural (o mecanismo esencial darwiniano da evolución) para darlle orixe. Efectivamente, a selección natural traballa sobre pequenas diferenzas fenotípicas, baseadas á súa vez en pequenas diferenzas xenéticas, e a coincidencia por azar e dunha vez de todas as innovacións evolutivas implicadas na complexa estrutura do flaxelo é tan improbábel que debe declararse incríbel.
A "complexidade específica" miniatura|dereita|200px| William A. Dembski, que propuxo o concepto de complexidade específica.Photograph of William Dembski, by Wesley R. Elsberry, taken at lecture given at University of California at Berkeley, 2006/03/17.