Heidi Kühn-Bode, nada en Eching (Baviera) o 3 de xullo de 1945 e finada na Coruña o 20 de maio de 2020, foi unha tradutora e escritora alemá en galego, alemán, castelán e inglés.
Traxectoria Kühn-Bode chegou a España nos anos sesenta, primeiro para traballar como tradutora en Bilbao, e despois en Madrid. Alí, durante unha manifestación antifranquista, coñeceu a quen sería seu home, con quen se instalou a vivir na Coruña desde 1968. Na cidade coruñesa deu clase de inglés en colexios da cidade (Compañía de María) e despois foi profesora da escola de idiomas.
Era especialista na obra de Henry James e traduciu ao alemán escolmas de poesía galega.
Vida persoal
Casou con Emilio Gundín Fandiño, e foi nai de Sonia, Katia e Jenny Gundín Kühn.
Obras Literatura infantil-xuvenil Fideliño o casteiro, 1991, Bruño. Os mundiños, 2003, Ediciós do Castro. Teatro para contistas. Xogos infantís no escenario, 2003, Baía. Falou un queixo, 2009, Galaxia. Tres mulleres do seu tempo, 2009, Baía.
Narrativa Pomerania, meu amor, 2005, Espiral Maior.
Obras colectivas Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. E dixo fresquiño, o libro riquiño, en Contos de vermes, libros, princesas e parrulos, 2006, Xunta de Galicia. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
Premios Premio Estornela da Fundación Xosé Neira Vilas no 2003, por Os mundiños.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Nados en Baviera Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Tradutores ao alemán Categoría:Tradutores do galego