Emilio Xosé Ínsua López, nado en Viveiro en 1967, é un escritor e profesor galego.
Traxectoria Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e Profesor de Lingua e Literatura no IES A Basella, de Vilanova de Arousa.
Fai parte do consello de redacción da revista Cerna, editada por ADEGA. Colaborou con relativa frecuencia cos semanarios Heraldo de Vivero, La Voz de Ortigueira e A Nosa Terra. Foi socio fundador Mesa pola Normalización Lingüística, membro do consello da editorial Letras de Cal e participou como relator en diversos simposios, congresos e xornadas relacionadas coa lingua e a literatura galega.
Obras miniatura|Con Xurxo Martínez e Anxo Angueira o 15/05/2018, na presentación de Común temos a patria...
Poesía Devalar das esperas, 1995, Espiral Maior.
Acontece ás veces a ternura, 2005, Espiral Maior.
Ensaio Antón e Ramón Villar Ponte: unha irmandade alén do sangue, 2004, Centro Ramón Piñeiro.Antón e Ramón Villar Ponte. Unha irmandade alén do sangue Sobre O Mariscal de Cabanillas e Villar Ponte, 2005, Universidade da Coruña. Antón Villar Ponte e a Academia Galega, 2006, Edicións do Cumio. Orixe, peripecia e pertinencia do topónimo San Cibrao (Cervo), 2010, Seminario de Estudos Terra de Viveiro. A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Baía Edicións.A nosa terra é nosa! na páxina web da editorial. Díaz Castro: poeta en formación (1914-1939), 2017, Edicións Laiovento.Díaz castro: poeta en formación (1914-1939) ISBN 84-8487-379-2. Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, 2018, Xerais. Coa coautoría de Xurxo Martínez.
Edicións Entre dous abismos. Nouturnio de medo e morte, de Antón Villar Ponte, 1998, Universidade da Coruña. Pasar sencillamente con un verso en los labios: obra inédita e dispersa, de Antonio Prados Ledesma, 2008, Seminario de Estudos Terra de Viveiro.
Obras colectivas O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón. Parnasur, 1998, edición dos autores, narrativa. Con Ramón Caride. Literatura galega. Século XX, 2001, A Nosa Terra. Manuel María, 2001, Ophiusa. Ensaio. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Poesía. Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003. Poesía. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía. O primeiro Villar Ponte: Achegamento ao período de formación do fundador das Irmandades da Fala (1881-1908), 2003. Ensaio. Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ensaio. Escrita contemporánea, homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG. Ensaio. Cento vinte e cinco anos de teatro en galego, 2007, Galaxia. Ensaio. Xornalistas con opinión. 20 biografías, 2007, Galaxia. Entrevistas. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal. Materiais para unha biografía exacta e completa da pintora viveirense entre 1902 e 1936, 2010, Fundación Caixa Galicia. Ensaio. Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais. Ensaio.
Premios En colaboración con Carlos Nuevo Cal. Obra premiada no XVII Premio Literario Ánxel Fole, no 2003, por O primeiro Villar Ponte: Achegamento ao período de formación do fundador das Irmandades da Fala (1881-1908). IV Premio de Poesía Prados Ledesma do Concello de Viveiro no 2005, por Acontece ás veces a tenrura. XXIII Premio Literario Ánxel Fole no 2009, en coautoría con Carlos Nuevo Cal, por Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal. Materiais para unha biografía exacta e completa da pintora viveirense entre 1902 e 1936.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Blog do autor Ficha do autor na páxina web de Edicións Laiovento.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1967 Categoría:Premio Ánxel Fole Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria