Cabezón de Liébana é un municipio situado na comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. Linda polo sur con Pesaguero, polo leste con Polaciones e Rionansa, polo oeste con Potes e Vega de Liébana e polo norte con Lamasón e Cillorigo de Liébana.
Localidades Os 697 habitantes do municipio (2008, INE), distribúense por: Aniezo, 32 hab. Buyezo, 37 hab. Cabariezo, 12 hab. Cabezón de Liébana (Capital), 96 hab. Cahecho, 50 hab. Cambarco, 34 hab. Frama, 161 hab. Lamedo, 31 hab. Luriezo, 47 hab. Perrozo, 59 hab. Piasca, 75 hab. San Andrés, 36 hab. Torices, 27 hab.
Economía
As actividades económicas principais de Cabezón de Liébana son a gandaría, a agricultura, e tamén o sector servizos, debido ao turismo incipiente atraído polo patrimonio natural e artístico, cuns grandes expoñentes que por excelencia son o Parque Nacional dos Picos de Europa. O microclima que se dá na comarca lebaniega permite cultivar especies vexetais que non se dan en zonas adxacentes.
Núcleo de poboación miniatura|dereita|300px|Os Picos de Europa desde Lamedo. Cabezón de Liébana é tamén unha localidade, capital municipal. No 2008 contaba cunha poboación de 96 habitantes (INE). Atópase a unha distancia de 122 quilómetros da capital cántabra, Santander, e está a unha altitude de 363 metros sobre o nivel do mar.
Patrimonio Neste concello hai dous bens de interese cultural: Igrexa de Santa María de Piasca, na categoría de monumento. A Ruta Lebaniega, que enlaza o Camiño de Santiago da costa co Camiño Francés, que afecta, ademais de a este municipio, aos de San Vicente de la Barquera, Val de San Vicente, Herrerías, Lamasón, Cillorigo de Liébana, Potes, Camaleño e Vega de Liébana.
Demografía
Administración Manuel Heras Gómez (PP) é o actual alcalde do municipio. As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007. Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 260 49,62 % 4 PRC 136 25,95 % 2 PSOE 75 14,31 % 1
Alcalde electo: Manuel Heras Gómez (PP).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PP 242 47,54 % 4 PRC 143 28,09 % 2 PSOE 120 23,58 % 1
Alcalde electo: Manuel Heras Gómez (PP).
Fillo ilustre
José María Pérez González (28 de setembro de 1941): Arquitecto, debuxante, e académico da Institución Tello Téllez de Meneses desde o 3 de marzo do 2000. Presidente da Fundación Santa María la Real de Aguilar de Campoo desde o 2004.
Véxase tamén
Ligazóns externas Ayuntamiento de Cabezón de Liébana
Categoría:Concellos de Cantabria