La Joven Galicia foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1860 e 1862.

Historia e características Subtitulada Revista de instrucción pública, ciencias, literatura y bellas artes, apareceu o 1 de xaneiro de 1860. Periódico dominical editado por José Agra e José Rodríguez Ruibal, e dirixido por José Planellas Giralt; Manuel Ángel Corzo era o secretario de redacción, sendo substituído a partir do terceiro número por Guillermo Alonso. O seu obxectivo era mellorar o nivel cultural e técnico de Galicia. Dende finais de 1860 até 1862 tivo unha segunda época, na que modificou o seu subtítulo por Revista de instrucción pública, ciencias, literatura y bellas artes e intereses materiales.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Edición facsimilar en Google Books. Ficha na Hemeroteca da Deputación de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1860 en Galicia