Xosé Estévez Rodríguez, nado en Quiroga o 29 de agosto de 1943, é un historiador galego.

Traxectoria Diplomado en Estudos Eclesiásticos, Seminario Maior Diocesano de Lugo, licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid en 1973, e doutor en Historia pola Universidade de Deusto, en 1990.

Primeiro foi crego, un crego atípico, moi lembrado pola banda da Fonsagrada, que non cobraba nos enterros e participaba como un veciño máis en todos os traballos comunais. Secularizouse e fíxose historiador. Máximo especialista en Galeusca.

Trasladouse en 1973 ao País Vasco segundo as súas sus propias palabras "pola agradable chaamada do amor e o duro imperativo do traballo". Tivo dous fillos, e unha filla falecida en 2006.

Profesor na Universidade de Deusto, Campus de Donostia, de Historia Moderna desde 1973, de Historia Moderna e Contemporánea do País Vasco desde 1993, de Nacionalismos e Rexionalismos desde 1995, de Sociedade e Cultura na España Contemporánea desde 1999 e de Historia da España Actual tamén desde 1999 ata a súa xubilación. Tamén exerceu a docencia como profesor titular de FP-2 e de Bacharel LOGSE no Centro Nazaret, da Fundación Kutxa.

Socio de número da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País, desde 1987, colaborador da Gran Enciclopedia Ilustrada do País Vasco e dos periódicos Deia, Gara e A Nosa Terra.

Grande amigo de Manuel María, publicou un estudo sobre a súa relación con Euskal Erria.

En 2017 foi o duodécimo Premio Galiza Mártir.

Obra en galego Ensaio Impenitencias Galeuzcanas (1992). Ediciós do Castro. Manuel Martínez Murguía. De estirpe vasca e berce do nacionalismo galego/Manuel Martinez Murguia. Euskal jatorrikoa eta Galiziako Abertzaletasunaren Aintzindari (2000). Gipuzkoako Foru Aldundia, Kultura, Euskara, Gazteria eta Kirol Departamentua. En galego e éuscaro. Castelao e o Galeuzca (2002). Laiovento. A Lagoa da memoria (2002). Trintxerpe. Guipúscoa: Fato Cultural Galego Daniel Castelao. Un crego atípico na Fonsagrada 1967-69 (2014). Museo da Fonsagrada. Da Galiza ao Galeusca. Memorias dun nacionalista e investigacións sobre as relacións entre Galiza, Euskadi e Catalunya (2020). Instituto Galego de Historia, Monografías. O Val de Quiroga e Galiza na saudade do corazón (2020). A presenza de Castelao en Euskadi (2021). Noia: Toxosoutos. 303 páxs. ISBN 978-84-123409-7-6

Obras colectivas Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009) Fundación Manuel María.

Obra en castelán Ensaio Cultura Vasca (I) (1977). Euskal Herría. Historia y Sociedad (1985). Historia del País Vasco (Siglo XVIII) (1985). La Autodeterminación de los Pueblos. Un reto para Euskadi y Europa (1985). Leizaola, la lealtad del viejo roble (1989). De la Triple Alianza al Pacto de San Sebastián (1923-1930). Antecedentes del Galeuzca (1991). Universidade de Deusto = Deustuko Unibertsitatea, Servizo de Publicacións = Argitalpen Zerbitzua Antología del Galeuzca en el exilio (1939-1960) (1992). El Nacionalismo Vasco y los Congresos de Minorías nacionales de la Sociedad de Naciones (1916-1936) (1992). Ideología y Nacionalismo (1992). El Pueblo Vasco en el Renacimiento (1491-1521) (1994). Galeuzca (1994). Ehun Urte Euskal Herrian. Desarrollo nacional y social en el Siglo XX (1995). Historia de Euskal Herria. II. Del hierro al roble (1996). Las Juntas Generales de Gipuzko, (1996). Negociar (2000). El Contexto histórico-estructural de El Quijote (2005). Universidade de Deusto = Deustuko Unibertsitatea, Servizo de Publicacións = Argitalpen Zerbitzua. Galeuzca. La periferia contra el páramo (Nabarralde, 2023).

Obra en éuscaro Ensaio Galiziako Historia (Finisterreko oroimena) (1994) Gaiak, D.L. Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en Quiroga Categoría:Nados en 1943