Elvira Souto Presedo, nada na Coruña en 1947, é unha escritora e política galega.
Traxectoria Filla de emigrantes, militaba no Movemento Comunista e incorporouse a ERGA. Pasou a militar na UPG e era a compañeira de Moncho Reboiras. Foi nomeada secretaria xeral da Unión do Pobo Galego (UPG) en marzo de 1977, pouco despois da legalización do partido. Dimitiu en xullo de 1978.
Foi profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura na Universidade da Coruña até o seu retiro. É membro da comisión lingüística da Associaçom Galega da Língua e dirixente de Esculca.
Obras Ensaio Contribuiçom ao estudo do romance iniciático galego, 1987, AGAL. O romance protuguês actual: uma literatura de autognose, 1989. Viagens na literatura, 1991, Laiovento. Vínculo de sangue, 1993, Laiovento. Socio-didáctica lingüística, 1994, Laiovento. Traduçom e ensino lingüístico, 1996, Laiovento.
Traducións A mordaça, de Alfonso Sastre, Cadernos da Escola Dramática Galega. O seu olhar posto em Deus, de Zora Neale Hurston, 1993, Laiovento. Giacomo Joyce, de James Joyce, 1994, Laiovento. Histórias de Califórnia, de Alfonso Sastre, Laiovento.
Edicións Folhas Novas, de Rosalia de Castro, 1985, AGAL.
Obras colectivas Prontuário ortográfico galego, 1985, AGAL. Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984, 1986, AGAL. Para umha Galiza independente, 2000, Abrente Editora. Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Políticos da UPG Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1947