miniatura|Instituto Feiral de Vigo. O Concurso de Saltos Internacional de Vigo foi unha proba hípica da Copa do Mundo de Saltos que cada mes de febreiro dende o ano 2002 ata o 2011 se organizaba dentro do IFEVI de Vigo. Tratábase da única proba da Copa do Mundo de Saltos que se disputaba en España.
O CSI Vigo tivo unha categoría de 5 estrelas (5*****), a máxima posible, un recoñecemento que teñen os concursos internacionais de saltos cun mínimo de 385.221 euros en premios (500.000 francos suízos) e nos que participan cabalos dunha idade mínima de sete anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do CSI Vigoarquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2013 Páxina da Copa do Mundo de Saltosarquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2011.
Categoría:Equitación Categoría:Deporte en Vigo Categoría:Eventos en Vigo Categoría:IFEVI