Xosé María Dobarro Paz, nado en Ferrol o 7 de outubro de 1950, é un profesor, escritor e investigador da literatura galega.

Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e é catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade da Coruña. Ten colaborado con múltiples artigos en revistas literarias galegas como A Nosa Terra, Luzes de Galiza, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudios Gallegos, Anuario de Estudos Literarios Galegos e Grial.Dicionario biográfico de Galicia.

Militou na AN-PG, a UPG e o BNG, así como no sindicalismo nacionalista (ING, INTG e CIG).

Na actualidade milita no Partido Comunista de Galicia.

Dende hai anos publica regularmente unha columna no xornal Diario de Ferrol.

Obra en galego Edicións Terra Chá, de Manuel María, 1989, Edicións Xerais de Galicia. A rosa de cen follas, de Ramón Cabanillas, 1993, Edicións Xerais de Galicia.

Obras colectivas 33 aproximacións à literatura e á lingua galegas, 1984, con Pilar García Negro, Ediciós do Castro. A domeadora, de Antón Losada Diéguez, 1985, con Pilar García Negro, Cadernos da Escola Dramática Galega. O fidalgo: (contén unhas memorias sintéticas do autor), de Xesús San Luís Romero, 1986, con Pilar García Negro, Ediciós do Castro. Catecismo do labrego, de Valentín Lamas Carvajal, 1987, con Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, Vía Láctea. Literatura galego-portuguesa medieval, 1987, Vía Láctea Editorial. Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, 1987, con Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, Vía Láctea Editorial. Literatura galega: séculos escuros e Rexurdimento, 1988, Vía Láctea Editorial. Novos exercicios de estilo, 2000, Universidade da Coruña. Con Luciano Rodríguez Gómez. Xosé Luís Méndez Ferrín, o home, o escritor, 2002, Universidade da Coruña. Con Luciano Rodríguez Gómez. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Ánxel Casal (1895-1936): textos e documentos, 2003, con Ernesto Vázquez Souza, Ediciós do Castro. Cinco impactos poéticos en ditadura, 2005, Universidade da Coruña. Con Luciano Rodríguez Gómez. Poesía galega completa, de Ramón Cabanillas, 2009, con Xosé Ramón Pena, Xerais. Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo.

Obra en castelán Edicións Obras literarias en castellano, de Álvaro Cunqueiro, 2006, Fundación José Antonio de Castro, Madrid.

Premios

2022: Premio Ramón Cabanillas que conceden as librarías Ramón Cabanillas e Contos e o Concello de Cambados.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha do autor na Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1950 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña