George Andrew Olah (en húngaro: György András Oláh), nado en Budapest o 22 de maio de 1927 e finado en Beverly Hills o 8 de marzo de 2017, foi un químico estadounidense de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1994.
Traxectoria Estudou química na Universidade de Tecnoloxía e Economía de Budapest, onde se doutorou en 1949. Tras a Revolución Húngara de 1956 fuxiu, inicialmente a Inglaterra e posteriormente ao Canadá, onde traballou na Dow Chemical Company. En 1965 aceptou o seu nomeamento como profesor de química na Case Western Reserve University e en 1977 na Universidade do Sur de California dos Ánxeles. En 1971 conseguiu a nacionalidade estadounidense.
Investigacións científicas Interesado en química orgánica desenvolveu as súas investigacións sobre os catións de carbono, denominados carbocatións, fragmentos cargados positivamente que proceden de moléculas de hidrocarburos e que aparecen en fraccións de segundos nos estadios intermedios das reaccións químicas.
En 1994 foi galardoado co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre os carbocatións, fundamentais na produción de materiais sintéticos.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1994 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1994 George Andrew Olah en Biografías y Vidas Perfil de George Andrew Olah en NNDB
Categoría:Químicos de Hungría Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1927 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Finados en 2017 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel de Hungría