O Aeroporto de Alacant–Elx é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre as pedanías ilicitanas de L'Altet e Torre del Pla, a 9 km ao suroeste de Alacant e 10 km ao leste de Elx. É o aeroporto de referencia para a Costa Blanca e, pola súa situación, dá tamén servizo ao sur todo da Comunidade Valenciana e boa parte de Castela-A Mancha e a Rexión de Murcia. Tradicionalmente tivo un importante tráfico charter, actualmente a maior parte do tráfico é regular e internacional.
No ano 2017 ocupou o quinto lugar na rede aeroportuaria española segundo número de pasaxeiros, tras os aeroportos de Madrid-Barajas, Barcelona, Palma e Málaga e ese mesmo ano foi o 38 máis concorrido dentro de Europa. Ademais, representa o aeroporto de maior tráfico de pasaxeiros da Comunidade Valenciana, con 13 713 061 pasaxeiros en 2017.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web en aena-aeropuertos.es
Alacant Categoría:Elx Categoría:Alacant