La Defensa foi un periódico editado en Lalín entre 1905 e 1910.

Historia e características Subtitulado Periódico de intereses generales, Órgano defensor del Centro de labradores de este villa, apareceu o 11 de agosto de 1905. O seu director foi Hipólito Codesido Sánchez, a quen substituíu en decembro de 1907 Laureano Blanco Rodríguez. Editábase os días 1, 8, 16 e 24 de cada mes. Crítico coa actuación do alcalde de Lalín Antonio Crespo Pampín, debido a un enfrontamento con este tivo que imprimirse en Vila de Cruces. Defensor do sindicalismo católico pasou despois a apoiar o movemento agrarista solidario. A partir de setembro de 1906 incluíu o folletín Máximas y refranes gallegos reunidos por Jacinto del Prado e tamén da súa autoría é o Vocabulario Castellano-Gallego publicado dende 1907 ata o cesamento da edición. Cesou a súa publicación en 1910.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas O periódico “La Defensa” de Lalín artigo de Manuel Igrexas.

Categoría:Prensa escrita de Lalín Categoría:1905 en Galicia