David Lean, nado en Croydon, Londres (Inglaterra), o 25 de marzo de 1908 e finado en Limehouse, Londres, o 16 de abril de 1991, foi un director de cine británico.
Traxectoria Lean iniciouse na industria como axudante de cámara en 1927 na Gaumont Pictures, para logo ascender posicións. En 1930 traballaba na montaxe de noticias e a partir de 1934 no de filme. Montou obras como Escape me Never (1936), Pygmalion (1938), 49th Parallel (1941) e One of our Aircraft Is Missing (1942).
Os seus primeiros catro traballos como director estiveron baseados en obras do dramaturgo Noël Coward, co que codirixiu o primeiro deles, In Which We Serve de 1942). O máis salientable deste grupo foi o filme Breve encontro (1945), que compartiu unha Palma de Ouro no Festival de Cannes.
David Lean rodou dúas adaptacións de novelas de Charles Dickens, Great Expectations (1946) e Oliver Twist (1948). Despois realizou o drama aeronáutico The Sound Barrier (1952) e Hobson's Choice (1954), situado no mundo vitoriano.
Na industria hollywoodiense Coa chegada do cinema en cor, Lean converteuse nunha figura sólida da industria hollywoodiense. Traballou para ela dende 1955 e triunfou comercialmente. As superproducións polas que é máis popular comezaron en 1957 con A ponte sobre o río Kwai, pola que gañou o oscar ao mellor director, igual que por Lawrence de Arabia (1962).
Despois do éxito de Doutor Zhivago (1965) veu un filme con menor éxito, Ryan's Daughter (1970). Tras unha longa parada de catorce anos dirixiu A Passage to India (1984).
Finou en Londres mentres planeaba un filme baseado na obra Nostromo, de Joseph Conrad.
Filmografía Como montador Ano Título1930 The Night Porter 1931 These Charming People 1932 Insult 1933 The Fortunate Fool 1933 The Ghost Camera 1933 Song of the Plough 1933 Matinee Idol 1933 Money for Speed 1934 Tiger Bay 1934 The Secret of the Loch 1934 Dangerous Ground 1934 Java Head 1935 Escape Me Never 1935 The Crouching Beast 1936 As You Like It 1936 Ball at Savoy 1937 Dreaming Lips 1937 The Wife of General Ling 1937 The Last Adventurers 1938 Pygmalion 1940 French Without Tears 1940 Spies of the Air 1941 Major Barbara 1941 49th Parallel 1942 One of Our Aircraft Is Missing Como director Ano Título Contribución 1942 In Which We Serve Director 1944 This Happy Breed Director, guionista 1945 Blithe Spirit Director, guionista 1945 Breve encontro Director, guionista 1946 Great Expectations Director, guionista 1948 Oliver Twist Director, guionista 1949 The Passionate Friends Director, guionista 1950 Madeleine Director 1952 The Sound Barrier Director 1954 Hobson's Choice Director, guionista 1955 Summertime Director, guionista 1957 A ponte sobre o río Kwai Director 1962 Lawrence de Arabia Director 1965 Doutor Zhivago Director 1970 Ryan's Daughter Director 1979 Lost and Found: The Story of Cook's Anchor Director, guionista 1984 A Passage to India Director, guionista, montador
Véxase tamén Bibliografía Alain Silver e James Ursini, David Lean and his Films, Silman-James, 1992. Kevin Brownlow, David Lean, Faber & Faber, 1997. Silverman, Stephen M., David Lean, Harry N. Abrams, 1989. Santas, Constantine, The Epics Films of David Lean, Scarecrow Press, 2011 Turner, Adrian The Making of David Lean's Lawrence of Arabia (Dragon's World, Limpsfield UK, 1994) Turner, Adrian Robert Bolt: Scenes from two lives (Hutchinson, Londres 1998) Williams, Melanie, David Lean, (Manchester University Press, 2014) Morris, L. Robert e Lawrence Raskin, Lawrence of Arabia: the 30th Anniversary Pictorial History, Anchor Books, Doubleday, 1992
Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Nados en Surrey