miniatura|upright| Príncipe Siddharta, Gandhara, século II Siddhārtha Gautama,Nome en sánscrito: Siddhārtha Gautama.

Nome en pali: Siddhāttha Gotama. máis comunmente coñecido como o Buda (lit. 'o Esperto'),Gethin (1998), p. 8. foi un asceta, meditador e mestre espiritual que viviu no sur asiáticoA parte oriental da chaira indoganxética, localizada no que actualmente é Nepal e o norte da India. durante o século VI ou V a. C.. Sobre a base dos seus ensinos fundouse o budismo,Gethin (1998), pp. 5, 9, 10, 14.Strong, J.S. (2001), p. 1. e é venerado polos budistas como un ser plenamente iluminado que ensinou un camiño cara ao Nirvana (lit. desaparición ou extinción), a liberación da ignorancia, o apego, o renacemento e o sufrimento. Ensinou principalmente no noroeste do subcontinente indio durante uns corenta anos.Strong, J.S. (2001), p. 131. O seu ensino baséase nunha visión do sufrimento e o fin do sufrimento (nirvāṇa). É recoñecido universalmente polos budistas como o Supremo Buda da nosa era.

Segundo a tradición budista, naceu en Lumbini no que é actualmente o Nepal, no seo dunha familia aristocrática na xa desaparecida república Sakia. Renunciou á vida laica e, despois de varios anos de mendicidade, meditación e ascetismo, experimentou un espertar espiritual. Logo, o Buda viaxou pola chaira ganxética ensinando e construíndo unha comunidade relixiosa que incluía homes e mulleres, laicos e monásticos.

O Buda ensinou un camiño medio entre a compracencia sensual e o ascetismo estrito (practicado no movemento Sramano) común a esta rexión da India. O seu camiño espiritual incluía adestramento ético e prácticas meditativas como a diana e atención plena. O Buda tamén criticou as prácticas dos sacerdotes brahmanes, como o sacrificio de animais. Morreu en Kushinagar, alcanzando o paranirvana. Desde entón foi venerado por numerosas relixións e comunidades ao longo de Asia.

Varios séculos despois da súa morte, a comunidade budista recompilou as súas ensinanzas en extensas coleccións, os Discursos (Sutras) e os Códigos Monásticos (Vinaia). Estas ensinanzas foron transmitidas en dialectos prácritos como o pali, a través dunha tradición oral nas diversas comunidades que se espallaron pola India.Gethin (1998), pp. 40–41. As xeracións posteriores compuxeron textos adicionais, como tratados sistemáticos (Abhidharma), biografías de Buda, coleccións de historias curtas sobre as súas vidas pasadas (Jataka) e discursos adicionais (os Mahayana sutras).Cox, Collett (2003). "Abidharma", en: Buswell, Robert E. ed. Enciclopedia do Budismo, Nova York: Macmillan Reference Lib. pp. 1–7. .

__TOC__

Nomes e títulos Gautama era o seu nome de familia, Siddhārtha significa "aquel cuxos obxectivos son alcanzados". Ademais de «Buda» e o nome Siddhārtha Gautama (en pali: Siddhattha Gotama),Pronuncia antiga en lingua sánscrita: /sidjártja gautamá búdja/

De acordo ao sistema AITS:

De acordo ao sistema AFI: tamén foi coñecido por outros nomes e títulos, como Shakyamuni («Sabio dos Shakyas»).

A palabra buda pode ser traducida como «o esperto» ou «o iluminado». «Buda» tamén é usada como título que se lle outorga ao primeiro espertar dunha era, quen se esperta só sen ningunha axuda.

Nos textos temperáns, o Buda a miúdo refírese a si mesmo como «Tathagata.» A miúdo pénsase que o termo significa "alguén que se foi" (tathā-gata) ou "alguén que veu" (tathā-āgata), posiblemente referíndose á natureza transcendental do logro espiritual do Buda.Chalmers, Robert. The Journal of the Royal Asiatic Society, 1898. pp. 103–115

Unha lista común de epítetos vese comunmente xuntos nos textos canónicos. Estes títulos representan algunhas das súas calidades espirituais:

Budo — Esperto Samasambudo — Perfectamente esperto pola propia motivación. Vijacaranasampano — Dotado dun coñecemento superior e con conduta perfecta. Sugato — Xamais volverá ás impurezas (ben ido) ou falará sempre coa verdade (de bo falar). Lokavidu — Sabio e prudente no coñecemento dos moitos mundos. Anutaro Purisadamasarati — Formador insuperable de persoas non capacitadas. Satadeva Manusanam — Mestre de devas e humanos. Bagavati — cheo de graza Arajam — Digno de homenaxe. Un arhat é «aquel que, logo de destruír as taras, levou unha vida santa, facendo o que veu a facer, desfíxose dos abafos, alcanzou a verdadeira meta, destruíu as trabas da existencia, e está completamente libre grazas ao ulterior coñecemento».

O Canon Pali tamén contén moitos outros títulos e epítetos para o Buda, que inclúen: Sabio que todo o ve, Sabio que transcende todo, O touro entre os homes, Líder da caravana, Disipador da escuridade, O ollo do mundo, Primeiro dos aurigas, Primeiro dos que poden cruzar , Rey do Dharma (Dharmaraja), Parente do Sol, Axudante do mundo (Lokanatha), León do Dharma, Señor do Dharma, O de excelente sabedoría (Varapañña), O Radiante, Facho da humanidade, Médico e cirurxián insuperable, Víctor en batalla e Portador do poder.Snyder, David N. (2006) "The Complete Book of Buddha's Lists--explained." Vipassana Foundation, list 605 p. 429.

Buda histórico upright|miniatura|Antigos reinos e cidades da India durante a época de Buda (circa 500 a. C.) As datas do seu nacemento e morte son incertas; a maioría dos historiadores de principios do século XX databan a súa existencia entre 563 e 483 a. C., mais en opinións máis recentes dátase a súa morte entre 486 e 483 a. C. e segundo outros entre 411 e 400 a. C. Nun simposio que sobre este tema se levou a cabo en 1988, a maioría dos que presentaron as súas opinións deron como datas un período que pode atoparse no 400 a. C. restando ou sumando 20 anos, como a data aproximada da morte de Buda. Non obstante, estas cronoloxías alternativas aínda non foron aceptadas por todos os historiadores.1) O descubrimento en Lumbini dun posible santuario budista, o templo Maya Devi, que data aproximadamente de 550 a. C., podería facer que a data do nacemento do Buda retrocedese aínda máis.

Non se atoparon rexistros feitos en vida de Gautama, nin escritos realizados poucos séculos máis tarde tras a súa morte. Os textos budistas de Gandhara son os manuscritos budistas máis antigos que chegaron ata os nosos días, escritos entre os séculos I e III antes de Cristo e atopados preto de Hadda, próxima a Jalalabad, no leste de Afganistán. Actualmente consérvanse na Biblioteca Británica. Foron escritos en caracteres karosti, en lingua gandjari e en vinte e sete rolos de cortiza de bidueiro. Contexto histórico miniatura|upright|Mahākāśyapa atópase cun Ājīvica asceta, un dos grupos Śramaṇa comúns na antiga India. O nome "Sakamuni" ou "Sakyamunī" ("sabio dos sakias") e outras evidencias dos primeiros textos suxiren que Buda naceu no clan sakia, unha comunidade que estaba na periferia, tanto xeográfica como culturalmente, do subcontinente indio no século V a. C. A comunidade era unha pequena república ou unha oligarquía. É posible que o seu pai fose un xefe elixido, ou un oligarca.Gombrich (1988), p. 49. Johannes Bronkhorst chama a esta cultura oriental "Gran Magadha" e sinala que "o budismo e o xainismo xurdiron nunha cultura que se recoñecía como non védica".Bronkhorst, J. (2007). "Greater Magadha, Studies in the culture of Early India," p. 6. Leiden, Boston, MA: Brill. doi:10.1163/ej.9789004157194.i-416

Os shakyas eran un grupo étnico subhimalaio oriental que se consideraba fóra do Āryāvarta ("morada dos arios") e de "orixe mixta" (saṃkīrṇa-yonayaḥ, posiblemente parte aria e parte indíxena). As leis de Manu (10.11, 22) e o Baudhāyana-dharmaśāstra (1.1.2.13-4) trátanos como non arios, e o mero feito de visitalos requiría un sacrificio purificador como expiación.Levman, Bryan Geoffrey (2013). "Cultural Remnants of the Indigenous Peoples in the Buddhist Scriptures". Buddhist Studies Review. 30 (2): 145–180. ISSN 1747-9681. Isto confírmase no pali Ambaṭṭha Sutta, onde se di que os sakias son de "fala ruda", "de orixe servil" e os brahmans critícaos porque "non honran, respectan, estiman, reverencian nin renden homenaxe aos brahmans." Algunhas das prácticas non védicas desta tribo incluían o incesto (casar coas súas irmás), o culto ás árbores, aos espíritos das árbores e aos nagas. Segundo Levman, "aínda que o modo de falar rudo dos sakias e os seus antepasados munda non proban que falasen unha lingua non indoaria, hai moitas outras probas que suxiren que eran, de feito, un grupo étnico (e probablemente lingüístico) separado".

Á parte dos brahmans védicos, a vida de Buda coincidiu co florecemento de influentes escolas de pensamento śramaṇa como ājīvika, cārvāka, xainismo e ajñana.Jayatilleke (1963), capitulos 1–3. O Brahmajala Sutta rexistra sesenta e dúas destas escolas de pensamento. Neste contexto, un śramaṇa refírese a alguén que traballa, afánase ou se esforza (por algún propósito superior ou relixioso). Tamén foi a época de pensadores influentes como Mahavira, Pūraṇa Kassapa, Makkhali Gosāla, Ajita Kesakambalī, Pakudha Kaccāyana, e Sañjaya Belaṭṭhaputta, como se recolle no Samaññaphala Sutta, cuxos puntos de vista o Buda debeu coñecer con toda seguridade.Walshe (1995), p. 268.Collins (2009), pp. 199–200. Tamén hai probas filolóxicas que suxiren que os dous mestres do buda, Alara Kalama e Uddaka Rāmaputta, eran realmente figuras históricas e que moi probablemente ensinaron a Buda dúas formas diferentes de técnicas meditativas.Wynne (2007), pp. 8–23, capitulo 2 passim. Así pois, Buda era só un dos moitos filósofos śramaṇa dunha época na que a santidade da persoa xulgábase polo seu nivel de ascetismo.Warder, A.K. (1998). "Lokayata, Ajivaka, and Ajnana Philosophy". A Course in Indian Philosophy (2nd ed.). Delhi: Motilal Banarsidass Publishers. ISBN 978-81-208-1244-4. Fontes Fontes máis temperás miniatura|upright|"Bu-dhe" (𑀩𑀼𑀥𑁂), "Sa-kya-mu-nī" ( 𑀲𑀓𑁆𑀬𑀫𑀼𑀦𑀻) en brahmi, na inscrición do piar de Lumbini (circa 250 a. C.). A comunidade budista inicialmente transmitiu todos os textos mediante transmisión oral. Estes textos, os "suttas" (Pali) ou "sutras" (sánscrito) foron escritos en forma de manuscrito entre o século I a.C. e o século IV d.C. John S. Strong ve certos fragmentos biográficos no canon Pali, o canon chinés, o canon tibetano e textos en sánscrito como o material máis antigo. Estes inclúen textos como o "Discurso sobre a nobre procura" (Pali: Ariyapariyesana Sutta) e os seus paralelos noutros idiomasStrong, J.S. (2001), p. 5. Outras fontes canónicas temperás inclúen o Mahāparinibbāṇa Sutta (Digha Nikaya "DN" 16), o Mahāsaccaka Sutta (Majjhima Nikaya "MN "36), o Mahapadana Sutta (DN 14) e o Achariyabhuta Sutta (MN 123), que inclúen contas que poden ser máis antigas, pero non son biografías completas.

Desde mediados do século III a.C., varios edictos de Ashoka (reinado c. 269–232 a. C.) mencionan ao Buda. A inscrición do piar de Lumbini conmemora a peregrinación do emperador a Lumbini como o lugar de nacemento do Buda, chamándoo Buda Shakyamuni (Brahmi: 𑀩𑀼𑀥 𑀲𑀓𑁆𑀬𑀫𑀼𑀦𑀻 Bu-dha Sa-kya-mu-nī, "Buda, Sabio das Shakyas").In Ashoka's Rummindei Edict circa 260 BCE, in Outro dos seus edictos (Edicto menor n.º 3) menciona os títulos de varios textos de Dhamma, establecendo a existencia dunha tradición budista escrita polo menos na época de Maurya. Estes textos poden ser os precursores do Canon Pāli. miniatura|upright|Manuscrito en Gandhari Os manuscritos budistas sobreviventes máis antigos son os textos budistas de Gandhāra, atopados en Afganistán e escritos en Gāndhārī. Datan do século I a. C. o século III d. C.