O MV Doña Paz foi un transbordador filipino que afundiu tras chocar co petroleiro MT Vector o 20 de decembro de 1987, o cal ocasionou 4.341 vítimas mortais, e fixo daquela traxedia a maior catástrofe marítima en tempo de paz. Maritime disasters of the 20th and 21st centuries
Historia O Doña Paz foi construído en 1963 polo estaleiro Onomichi Zosen de Onomichi (Hiroshima, Xapón), sendo chamado orixinalmente Himeyuri Maru. Durante o tempo que navegou por augas xaponesas, tiña unha capacidade de 608 pasaxeiros.
En outubro de 1975, o barco foi vendido a Sulpicio Lines, unha navieira filipina que operaba unha frota de transbordadores de pasaxeiros. Foi rebautizado por Sulpicio Lines como Don Sulpicio. O 5 de xuño de 1979, o barco foi parcialmente destruído por un incendio mentres se dirixía de Manila a Cebú. As 1.164 persoas a bordo foron rescatadas, pero o barco ficou encallado e foi declarado unha perda total. O barco foi recomprado aos aseguradores por Sulpicio Lines, e despois foi arranxado e devolto ao servizo como Doña Paz.Hooke, Norman. Maritime Casualties, 1963–1996. Lloyd's of London Press, 1997. No intre do seu afundimento, o Doña Paz percorría a ruta de Manila-Tacloban-Catbalogan-Manila e viceversa, realizando viaxes dúas veces por semana.
O naufraxio A partida O 20 de decembro de 1987, ás 06:30 da mañá, o Doña Paz partiu do porto de Tacloban (illa Leyte) cara a Manila. Oficialmente 675 pasaxeiros embarcaron en Tacloban e 907 fixérono máis tarde, sumando un total de 1583 pasaxeiros e 58 tripulantes,El peor desastre marítimo en tiempos de paz. El “Titanic Asiático”. www.cienciahistorica.com. pero esa lista non reflectía a realidade, xa que na navieira Sulpicio Lines era unha práctica común vender billetes extraoficialmente. No Doña Paz tamén viaxaban uns 100 homes do exército filipino. Calcúlase que había máis de 4300 persoas a bordo do barco.
Accidente e investigacións Ás 22:00 da noite o Doña Paz chocou contra o buque MT Vector, un pequeno petroleiro de 639 Tn que ía cargado con 8.000 barrís de gasolina e queroseno. A colisión provocou unha explosión que envolveu rapidamente a ambos os barcos; só 24 sobreviventes do Doña Paz e 2 do Vector foron rescatados.El desastre del "Doña Paz". www.grijalvo.com. Os poucos sobreviventes víronse obrigados a saltar do barco e nadar entre corpos carbonizados en augas en chamas ao redor do barco; algúns usaron maletas como dispositivos de flotación improvisados.Searchers Find No Trace of 1,500 From 2 Ships Sunk in Philippines. The New York Times, 22 de decembro de 1987. Consultado o 23 de abril de 2021. O Doña Paz afundiuse dúas horas despois da colisión, namentres que o Vector afundiuse en catro horas.CONVENTIONAL FERRIES - Dona Paz . Research.dnv.com. Consultado o 23 de abril de 2021.
Investigacións posteriores revelaron que se cometeron unha cadea de despropósitos e erros, e que houbo un claro abandono de responsabilidade por parte das empresas propietarias dos barcos. Descubriuse que ningún dos dous buques contaba cunha radio VHF en funcionamento.
Sobre o Doña Paz, descubriuse que o sobrepeso impediu un rescate correctamente organizado; e en canto ao Vector descubriuse que navegaba sen un capitán con licenza, sen un vixía cualificado e co temón avariado, o cal obrigaba ao petroleiro a navegar en zigzag, polo que o Vector resultaba moi difícil de gobernar.
Os restos O 13 de abril de 2019 o RV Petrel localizou os restos do naufraxio do Doña Paz, sendo divulgadas posteriormente imaxes de vídeo o 19 de decembro dese mesmo ano. O Doña Paz atópase de pé a unha profundidade de 500 metros (1640 pés). Os restos do Vector atopáronse a 2200 metros (7218 pés) de distancia no mesmo estado. Ambos barcos están en boas condicións.
O monumento Un monumento en homenaxe ás vítimas do Doña Paz atópase no Parque Pieta en Catbalogan. Localizado xunto á Igrexa de San Bartolomeu e o Colexio de Santa María de Catbalogan, o parque arestora serve como un espazo público para os familiares e amigos das vítimas.
Na cultura popular Na versión asiática da canle National Geographic, o 25 de agosto de 2009 estreouse un documental sobre o MV Doña Paz titulado O Titanic de Asia.
En 2018 estreouse unha película de terror filipina titulada Aurora, inspirada nos acontecementos da traxedia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Doña Paz
Categoría:Accidentes marítimos Categoría:1987 Categoría:Naufraxios Categoría:Barcos de 1963