O castro de Forca, tamén chamado A Croa, é un castro situado na parroquia de Landrove, no concello lugués de Viveiro.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado situado nun promontorio. Está rodeado por unha serie de socalcos e defendido por unha muralla que rodea o recinto principal. Este, de pequena extensión (uns 50 metros de diámetro) está situado nunha cota superior.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.
Categoría:Castros de Viveiro