Robert Floyd Curl, nado en Alice, Texas o 23 de agosto de 1933 e finado en Houston o 3 de xullo de 2022, foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1996.
Traxectoria Estudou química na Universidade de Rice de Houston, onde se graduou en 1954, e posteriormente realizou o doutoramento en 1957 na Universidade de Berkeley en California. A partir de 1960 foi profesor de química na Universidade de Rice, onde foi profesor emérito.
Investigacións científicas Interesado na química inorgánica no laboratorio de química da Universidade de Rice, e á beira de Richard Errett Smalley, realizou investigacións acerca dos átomos de carbono, conseguindo en 1988 a síntese química do fulereno. Esta é unha estrutura esférica formada por dous átomos de carbono e é a terceira forma máis estable do carbono despois do diamante e o grafito.
En 1996 foi galardoado, xunto a Richard Errett Smalley e o británico Harold Walter Kroto, co Premio Nobel de Química polo descubrimento dos fulerenos.
Curl investigou tamén os procesos sobre fisicoquímica sobre o ADN do xenoma así como a súa secuenciación, desenvolvendo instrumentos de raios infravermellos para seguir o rastro cuántico na secuenciación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1996 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1996 Robert Curl en Biografías y Vidas Perfil de Robert Curl en NNDB
Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados no condado de Jim Wells, Texas Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América