"No somos de Monforte" é unha canción da banda viguesa de rock Siniestro Total, editada como sinxelo do seu segundo álbum Siniestro Total II: El Regreso en 1983. As cancións foron gravadas nos estudios Trak de Madrid por Paco Trinidad e Eugenio Muñoz.

"Luna sobre Marín (Moon over Marin)" é unha versión do tema de Dead Kennedys "Moon over Marin", tema que fala da contaminación da zona de Marin en California. Siniestro Total creou a letra falando sobre o Marín galego e a súa Escola Naval Militar, inspirándose nun famoso asasinato que houbo nese concello en 1982.

Listaxe de cancións "No somos de Monforte" (Miguel Costas) - "Luna sobre Marín (Moon over Marin)" (versión de Dead Kennedys)

Notas

Categoría:Sinxelos de 1983 Categoría:Cancións de Siniestro Total Categoría:Sinxelos de grupos de Galicia