Paul Delos Boyer, nado o 31 de xullo de 1918 en Provo, Utah (Estados Unidos), e finado nos Ánxeles, California, o 2 de xuño de 2018, foi un químico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1997.
Traxectoria Estudou química na Universidade Brigham Young, pertencente á Igrexa mormoa, onde se graudou en 1939. En 1943 realizou o doutoramento en bioquímica na Universidade de Wisconsin-Madison.
En 1956 foi nomeado profesor de química na Universidade de Minnesota, e desde 1963 foi profesor no Departamento de Química e Bioquímica da Universidade dos Ánxeles.
Investigacións científicas Logo do seu doutoramento realizou investigacións nos laboratorios das Universidades Stanford e Minnesota sobre a estabilización do sérum para as transfusións, e posteriormente sobre a cinética dos mecanismos químicos das enzimas.
Desde a súa posición na Universidade dos Ánxeles, e á beira de John E. Walker, desenvolveu métodos para estudar a síntese química das enzimas que catalizan a adenosina trifosfato, o principal elemento de achega de enerxía aos organismos. Ademais conseguiron unir as dúas moléculas formantes do fosfato: a adenosina trifosfato ou ATP e a adenosín difosfato ou ADP.
En 1997 foi galardoado, xunto co seu colaborador John E. Walker, coa metade do Premio Nobel de Química "polo descubrimento da síntese da molécula da adenosina trifosfato". A outra metade do premio recaeu no químico danés Jens Christian Skou polo descubrimento do enzima transportador de ións de sodio e potasio, a bomba de sodio-potasio.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1997 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1997 Perfil de Paul D. Boyer en NNDB
Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en Provo Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América