Os cregos, curas ou abades, na cultura popular galega, deron pé a abundante fraseoloxía impregnada, en boa parte dos casos, de certa retranca crítica e burlona en relación co seu comportamento sexual e a súa afección á boa mesa. En moitos casos, esa literatura popular nace dun mal disimulado anticlericalismo.

Así, Risco conta que a xente da aldea lles critica moito o seu suposto apego ó diñeiro, do que xorden comentarios como estes: "De que achegan o bico ó cáliz, xa non teñen quebradeiros de cabeza", ou que "o purgatorio fixérono os curas, para sacaren cartos con misas e responsos". Por esta causa foron un obxectivo preferente para as cuadrillas de ladróns que daban por suposto que agochaban unha fortuna nas súas casas.

Entre os mariñeiros era de mal agoiro falar a bordo de curas ou de raposas. Críase que con só mencionalos se aseguraba a falta de pesca ou mesmo un accidente; Eliseo Alonso aumenta a lista de temas vedados a cobras, zapateiros ou xastres. Asegúrase que ningún armador ou patrón levaría nunca un cura a bordo da súa barca, incluso cando non fosen a pescar Arturo Romaní, 99. Eliseo Alonso, 125..

Fraseoloxía Léxico miniatura|300px|Cadela de frade (Forficula auricularia) Bispo: estómago do porco Constantino García González, s. v. bispo; localízao en Pantón.. Crego: peixe (Eutrigla gurnardus), semellante ó escacho (Trigla spp), do que se diferenza por ser de cor gris ou parda no lombo, no cando da cor vermella típica dos escachos, e abrancazada no ventre Eladio Rodríguez González (s. v. crego), que o toma de Cornide, di que se lle chama crego porque as espiñas que ten na cabeza lembran o bonete dun cura (símil que toma do dicionario de Francisco Javier Rodríguez Gil, de 1863) e porque, cando o pescador o saca da auga, emite uns gruñidos que lembran os cregos cando cantan ou rezan. Ríos Panisse identifícao co Trigla gurnardus.. Crego: escarapote (Scorpaena scrofa) Ríos Panisse 1977. A orixe do nome podería estar na cor vermella e na suposta similitude das espiñas da cabeza coa tiara dun bispo.. Crego: paxaro máis coñecido como lavandeira (Anibal Otero). Crego amarelo, crego marelo: ouriolo ou vichelocrego Elixio Rivas Quintas, 1978.. Bicho do crego: a mesma ave . Crego: flor do gamón ou abrótega (Asphodelus albus). Crego: pedra grande cravada verticalmente, máis comunmente chamada chantón Elixio Rivas Quintas, 1988..

O termo curato designa o cargo do cura párroco e mailo territorio baixo o seu goberno espiritual.

Locucións Locucións substantivas Ama de crego: a criada que atende ó párroco, prior ou en casas de relixiosos. En ocasións faise equivaler a amiga ou amante do crego. Cadela de abade, cadela de frade: insecto, tamén chamado forcadela (Forticula auricularia). Cara de abade: aplícase á cara gordecha e colorada, porque se supón que así a teñen os abades, que nunca pasaban fame . Cura de todos: o dedo corazón Constantino García González: Glosario de voces.... Herba do crego: herba leguminosa (Vicia hirsuta, Vicia sativa). Mesa de abade: mesa ben provista, na que non falta de nada, abundante, chea dos pratos máis saborosos . Orella de abade, orella de frade: couselo, planta que medra nos valados e tellados (Umbilicus rupestris) Losada, E., Castro, J. e Niño, E.: Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia 1992.. Gorro de bispo: a mesma planta . Sopa de abade: tipo de sopa definida como "de agua, refrito y huevo" (en Ramirás) Uva do cura: variedade de uva de mesa (en Marín).

Locucións verbais Levar carneiro: suspender no exame da doutrina cristiá que os cregos facían en tempos de coresma. Ser moi burro pra abade: dise do que non ten luces, que non é quen de consegui-lo máis fácil. Ter [alguén] boca de frade: ser un pedichón.

Refraneiro A cura novo, sancristán vello Eladio Rodríguez González, s. v. cura.. A facenda do crego dáa Deos e lévaa o demo Anónimo, 1845: Vozes gallegas, ed. de J. Leite de Vasconcellos.. A facenda do crego, dalla Deus e cómenlla os herdeiros Eladio Rodríguez González, s. v. crego.. A mal abade, mal sancristán Eladio Rodríguez González, s. v. abade.. A ruín abade, ruín monaguillo . Abade de aldea, moito canta e pouco medra . Abade de bamba, o que non pode comer daio pola súa alma Ter (moita) bamba é vivir con ostentación, máis aparente que real.. Abade de moita bamba, que di que non come e ben que se farta . Abade que comeu da ola, inda ás veces quer da cazola . miniatura|300px|Abade que foi monaguillo, ben sabe quen bebe o viño. Abade que foi monaguillo, ben sabe quen bebe o viño Refraneiro do viño, 11.. Cando a lebre diga misa e o coello seia abade, deixarei o meu querer por coller a túa amistade Saudade nº 4, xullo 1943, 27.. Cando a lebre diga misa, o coello sea abade e o raposo sea frade, deixarei a miña casa e perderei a míña amizade. Cando é moita a cera na igrexa, está o abade de festa Eladio Rodríguez González, s. v. cera.. Cando o crego dá a ovella, collela, pois, se o crego recorda, non dá a ovella nin dará a corda. Cando ó crego lle dan a ovella, colle-la corda e ir por ela. Como canta o abade, respóndelle o sancristán . Con abades non rifedes nin vos metades . Con abades, nunca preitos teñades . Crego moi predicadeiro, non é o máis esmoleiro . Crego viaxeiro, nin mísere, nin miseiro . Cregos e frades e mouros, quen viu un viunos todos . Cregos, frades, curuxas e choias, dou ó diaño esas catro xoias . Cregos, frades, pegas e choias, dou ó demo istas catro xoias Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal, gregos, que se considera erro por cregos por ser así noutros paralelos. Ademais, o refrán está alfabetizado no C.. Cregos, frades, picazas é choias, dou ó demo as catro xoias Francisco Porto Rey (1900): Diccionario gallego-castellano, ed. de María Xesús Bugarín e Begoña González Rei, A Coruña, Real Academia Galega, 2000. O colector explica que o refrán se refire ós décimos e outros trabucos que pesaban noutrora sobre os labregos e que contribuían á mala sona que tiñan os cregos, xa que eran estes os que os cobraban. Engade que o refrán xa consta no repertorio fraseolóxico do Comendador Hernán Núñez, de 1555, na forma "Cregos, frades, pegas e choyas, do a demo tas quatro joyas".. De crego a frade non hai máis que votos . Dispois que os cregos xantan, culleres sobran . En cas do abade, comer e levare Sobreira: Papeletas.. Na casa do abade, comede e levade Real Academia Galega 1913, s. v. abade.O refrán critica a abundancia na que vivían os cregos e abades.. Na casa do cura, cando non chove barruza Barruzar é caer unha chuvia miúda pero constante.Eladio Rodríguez González, s. v. casa.. Na casa do cura sempre hai fartura . Na casa do señor abade, comede, bebede, e levade Refraneiro do viño, 27.. Na casa do señor cura, cando non chove barruza . Non se acorda o señor cura de cando foi sancristán . O abade de aldea, se ben xanta millor cea . O abade do que canta, xanta . O abade e o veciño moen nun mesmo muíño Eladio Rodríguez González, s. v. moer. No orixinal: i o veciño, muiño. Ó abade i ó xudío, dálles un ovo e pedirancho fritido . Ó abade moi falangueiro, gústalle andar polo rueiro . O abade, onde canta é onde xanta . Ó abade roupa nova e por limpar . Ó abade vello, polos e coello. O crego e mais o raposo, se perden a mañá, perden o día todo . O crego onde canta, xanta Elixio Rivas Quintas, 1978. Expresa que, alí onde se traballa, hai dereito a que dean de comer.. O cura nunca fai veciño . O cura, o sancristan, o barbeiro e o veciño, todos moen nun muíño Eladio Rodríguez González, s. v. moer. No orixinal: i o veciño, muiño.. O demo farto de carne, meteuse frade Eladio Rodríguez González, s. v. demo, s. v. lobo.. Ó médico, ó confesor e ó abogado, falarlle craro Eladio Rodríguez González, s. v. falar.. O que é bo abade, fai bo do mal sancristán . O que o cura ten de delgado, teno de gordo o beneficiado . Ó teu abade dille sempre a verdade . Onde canta un crego e ornea un burro, alí nunca falta un peso duro . Onde canta un crego, moe un muíño e ornea un burro, nunca faltará un duro. Onde hai un crego enriba de albarda, sempre hai hora millorada . Onde o crego canta, alí xanta Sobreira: Papeletas. No orixinal: donde, janta.. Os bes do sancristán, por onde veñen van Eladio Rodríguez González, s. v. sancristán.. Os cartos do sancristán, cantando se veñen e cantando se van . Quen che mandou tocar, meu frade, quen che mandou tocar que che pague Corme, 505.. Sancristán que vende cera e non ten colmea, que o digan as velas da eirexa . Se ben canta o abade, nono fai mal o monaguillo . Se che pica un alacrán busca viño, busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán Gran Enciclopedia Galega, s. v. alacrán.. Se queres un día bo, aféitate; un mes bo, mata porco; un ano bo, cásate; un sempre bo, faite cregoO libro do porco, 41.. Se te morde un alacrán, busca viño e busca pan, sacerdote e sancristán, que mañán te enterrarán Refraneiro do viño, 20.. Se te pica un alacrán, chama crego e sancristán Eladio Rodríguez González, s. v. alacrán.. Se te roe un alacrán, busca viño e busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán Refraneiro do viño, 20. No orixinal: e máis.. Se te roi un alacrán, busca viño e busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán . Tal o abade, tal ás veces o sancristán .

Cantigueiro miniatura|300px|O crego cando vai fóra/ déixalle dito á criada:/ Veña tarde, veña cedo,/ déitate na miña cama Á ama do cura/ figuéronlle un dengue;/ tanto remendo/ ninguén o entende O dengue é unha "Peza do traxe tradicional feminino semellante a unha esclavina de pano adornado con veludo e abelorios, con puntas longas que se cruzan sobre o peito e se abrochan por detrás" (). O autor engade que o metro esixe un i epentético (A ialma do cura). Fonte: Xaquín Lorenzo Fernández, 29. No orixinal: ningueno.. A canteira está ben dura/ e témola de arrombar,/ iá ama do señor cura/ 'la tenemos que matar''' Xaquín Lorenzo Fernández, 29.. A miña muller morreume/ i enterreina nun palleiro;/ os cregos a recramala/ i eu a toca-lo pandeiro Xaquín Lorenzo Fernández, 37. No orixinal: tocalo. Á porta do cura/ pisáchesme o pé,/ piscáchesme un ollo/ non sei pra que é Xaquín Lorenzo Fernández, 43.. Ai, miña probe Francisca, / ¿qué lle fixeches ó cura / que cando che bautizou / púxoche o nome da burra?. Ai, pimpín, saralelo,/ ai lelelo,/ a criada do cura/ ten un neno,/ ten un neno/ pequeniño/ que de nome lle chaman/ Manoeliño Fermín Bouza Brey, 195.. Andas abaixo i arriba,/ pensas que ninguén cho sabe;/ sábecho Dios, todo o mundo/ e tamén o can do abade Xaquín Lorenzo Fernández, 39. No orixinal: cán.. Andas de abaixo pra arriba,/ coidas que ninguén cho sabe;/ sábeo Dios e todo o mundo/ e a cadela do abade Saudade nº 4, xullo 1943, 29. No texto: d’abaixo’ pr’arriba, ch’o.. Ao caravel cando nace/ chámanlle caraveliño,/ os fillos do señor cura/ chámanlle ao pai señor tío Álvaro das Casas, Nós 95, 15.11.1931, 216.. Cando a lebre diga misa/ e o coello seia abade,/ deixarei o meu querer/ por coller a túa amistade . ¡Canto limón pola tina,/ canto limón pola eira!/ Cantas fillas de María/ ten o cura de Palmeira Fermín Bouza-Brey 1929, 175. No orixinal: pol-a.. ¡Canto limón pola tina,/ canto limón polo chan!/ Cantas fillas de María/ ten o noso capellán Fermín Bouza-Brey, 1929, 175. No orixinal: pol-a, chán.. Conta feita i axustada,/ dixo o crego da Golada:/ tres porcos son seis touciños./ doce pés e tres fuciños O libro do porco, 45.. Deume un bico unha morena,/ deixoume tanta dozura/ que hoxe mesmo sen falta/ penso de ir falar co cura Xaquín Lorenzo Fernández, 70.. Dónde vés, Carmiña?/ Veño da verdura./ Mentes, mentirosa,/ que vés dónda o cura Xaquín Lorenzo Fernández, 71. No orixinal: ves..