O castro de Subiña, tamén chamado Vixía de Subiña ou Atalaia de Subiña, é un castro situado na parroquia de Serantes, no concello coruñés de Oleiros.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado a través de dúas estruturas circulares concéntricas. As súas dimensións son duns 140 metros de diámetro, o recinto principal ten uns 75 metros de diámetro no eixo norte-sur e 65 metros no eixo este-oeste.
Está defendido na súa metade norte por un muro de ata 3 metros de altura exterior. Sobre el hai un parapeto de 1,5 metros que descende cara ao sur. O segundo recinto, concéntrico respecto do anterior, atópase defendido por un terraplén duns 2,5 metros de altura. O acceso a ambos recintos realízase pola parte meridional.
Conservación Obras recentes de construción de varias vivendas unifamiliares afectaron parcialmente ó terraplén da plataforma exterior.
Actualmente a vexetación impide acceder ós restos do castro.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.
Subiña