miniatura|256px|Animación dunha binaria eclipsante.

Chámase estrela binaria a un par de estrelas próximas que están ligadas pola súa mutua atracción gravitacional e xiran en torno ó centro de masas de ambas. Son maioría na nosa galaxia (en torno ó 60%) e existen tamén sistemas múltiples con tres ou máis estrelas.

As binarias pódense clasificar, segundo o modo de detectalas, en:

visuais, pódense ver separadas por medios ópticos, eclipsantes, se se observa unha variación no seu brillo debido a que se eclipsan cada certo tempo, espectroscópicas, nas que hai que percorrer ó estudo do espectro electromagnético da luz que emiten. astrométricas, detectadas grazas á astrometría, neste tipo de casos só é visible unha das compoñentes da binaria. A outra é detectada grazas ó "tirón" gravitacional exercido pola súa compañeira invisible.

Planetas As estrelas dobres poden ter planetas orbitando. Son coñecidas algunhas con planetas orbitando no plano estelar, e en 2025 foi descuberto 2M1510 (AB) b, un exoplaneta que orbita perpendicular ó plano orbital dun par de novas estrelas ananas marróns (obxectos maiores que planetas xigantes gasosos pero que non chegan a ser estrelas propiamente ditas). As súas estrelas son binarias eclipsantes vistas dende a Terra, un dos únicos dous sistemas deste tipo que se coñecen.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Clasificación estelar Estrela binaria espectroscópica Estrela dobre

Ligazóns externas Vídeo explicando o movemento dun planeta en plano perpendicular a un sistema binario

Categoría:Astrofísica Categoría:Estrelas