Porno for Pyros é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 1992 nos Ánxeles (California) tras a separación de Jane's Addiction. O grupo formárono os membros dese grupo Perry Farrell (voces) e Stephen Perkins (batería), xunto con Peter DiStefano (guitarra) e Martyn LeNoble (baixo). O baixista Mike Watt foi membro da banda entre 1995 e 1998, e posteriormente en aparicións únicas nos anos 2020 e 2022.
A banda publicou dous álbums de estudio, Porno for Pyros (1993) e Good God's Urge (1996), antes de entrar en hiato en 1998. No ano 2009 a formación orixinal reuniuse para unha única aparición na festa do 50 aniversario de Perry Farrell. En 2020, a formación da época de Watt reuniuse para o Lolla2020, un evento gratuído emitido a través de YouTube durante as corentenas globais debidas ao COVID-19. Tras a actuación, membros do grupo continuaron traballando xuntos en material novo, e en 2022 Farrell e Perkins reuniron Porno for Pyros para realizar a súa primeira serie de actuacións a grande escala en 24 anos, volvendo a xuntarse a súa formación orixinal.
Discografía Álbum Ano Selo Porno for Pyros 1993 Warner Bros. Good God's Urge 1996 Warner Bros.
Notas
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais formados en 1992 Categoría:Grupos musicais separados en 1998