Kde domov můj (do checo: Onde esta o meu lar) é o himno nacional da República Checa. Tamén o foi de Checoslovaquia, a cal formaba a primeira parte do himno checoslovaco, xunto co himno eslovaco que formaba a segunda parte.

A música foi feita polo compositor František Škroup e a letra escrita por Josef Kajetán Tyl como parte da comedia Fidlovačka aneb Žádný hněv a žádná rvačka. Foi escoitada por primeira vez no Stavovské divadlo de Praga o 21 de decembro de 1834.

Aínda que orixinalmente foi máis longa, só se tomaron as dúas primeiras estrofas, sendo o resto esquecido. A súa letra describe poeticamente as belezas da paisaxe checa coas súas fragas, regatos e xardíns en flor. Segundo a letra a paisaxe parece un paraíso terreal. Polo seu carácter emotivo, o himno nacional checo difire dos acordes marciais da maioría dos himnos nacionais.

Letra Orixinal en checo Kde domov můj, kde domov můj. Voda hučí po lučinách, bory šumí po skalinách, v sadě skví se jara květ, zemský ráj to na pohled, A to je ta krásná země, země česká, domov můj, země česká, domov můj.

Kde domov můj kde domov můj. V kraji znáš-li bohumilém duše útlé v těle čilém mysl jasnou vznik a zdar a tu sílu vzdoru zmar to je Čechů slavné plémě mezi Čechy domov můj mezi Čechy domov můj!

Tradución ao galego Onde está o meu lar, onde está o meu lar, a auga rumorea nas pradeiras, nos piñeirais murmuran polas ladeiras, na horta brilla a flor primaveral, como deleite do paraíso terreal, esa é preciosa terra, terra checa, meu lar, terra checa, meu lar.

Onde está o meu lar, onde está o meu lar, se, na terra celestial, que xunta de grácil alma nun corpo vivaz claro pensamento, a orixe e prosperidade e a forza malia as derrotas son os checos, célebre estirpe. Entre os checos está o meu lar! Entre os checos está o meu lar!

Véxase tamén

Ligazóns externas Nova versión (mp3) Gravación oficial de 2008

Categoría:Himnos nacionais Categoría:Símbolos da República Checa