Wò hǔ cáng lóng (en chinés tradicional: 臥虎藏龍) que en galego significa "Tigre agazapado, Dragón agochado"; é un filme wuxia (de acción, aventuras e artes marciais) dirixido por Ang Lee en 2000. É unha coprodución entre China, Hong Kong, Taiwán e Estados Unidos e a lingua orixinal é o mandarín. Está protagonizado por estrelas do cine de etnia chinesa, incluíndo a Chow Yun-fat, Michelle Yeoh, Zhang Ziyi e Chang Chen. O filme baséase na novela Crouching Tiger, Hidden Dragon do escritor de literatura wuxia Wang Dulu. As escenas de artes marciais e as de acción son froito das coreografías de Yuen Wo Ping.

Sinopse

É unha historia ficticia, situada no período da Dinastía Qing na China, aproximadamente durante o reinado do Emperador Qianlong (arredor de 1680).

Os protagonistas da historia son dous experimentados e famosos mestres en artes marciais, Li Mu Bai (Chow Yun-fat) e Yu Shu Lien (Michelle Yeoh). Os dous están namorados, pero cren que non poden estar xuntos porque Shu Lien é a viúva do mellor amigo de Mu Bai. Por outra parte, Jen (Zhang Ziyi), filla do Gobernador Yu de Manchuria (Fa Zeng Li), desexa desesperadamente ter a vida emocionante e chea de aventuras dun guerreiro. Polo que de xeito secreto, Jen convértese na alumna da malvada guerreira "Raposa de Xade" (Cheng Pei-pei), de quen Mu Bai xurou vingarse xa que matou o seu mestre. Mu Bai vai na busca da súa lendaria espada, "A espada celestial", que roubou Jen. Jen loita contra Mu Bai en varias ocasións, e pese a superioridade de Mu Bai, el rexeita matala porque quere adestrala como aprendiz. Jen tamén loita contra Shu Lien, quen intenta ensinarlle os valores do amor e a amizade. Pero Jen non se deixa convencer polo seu amor prohibido co bandido do deserto Lo (Chang Chen), e rexeita a axuda de Mu Bai e Shu Lien.

Personaxes Chow Yun-fat como Li Mu Bai Michelle Yeoh como Yu Shu Lien Zhang Ziyi como Jen Yu (versión en mandarín) / Jiao Long (versión internacional) Chang Chen como Lo "Nube Escura" / Luo Xiaohu Cheng Pei-pei como Raposa de Xade Sihung Lung como Sir Te Li Fazeng como Gobernador Yu Gao Xi'an como Bo Hai Yan como Madam Yu Wang Deming como Inspector de policía Tsai / Prefeto Cai Qiu Huang Suying como Tío Wu Yang Rui como Maid Li Kai como Gou Jun Pei Feng Jianhua como Gou Jun Sinung Ma Zhongxuan como Mi Biao Li Baocheng como Fung Machete Chang Yang Yongde como Monk Jing Zhang Shaocheng como O home na noite

Galardóns e nomeamentos 2000: 4 Oscars: Mellor película estranxeira. 10 Nomeamentos. 2000: 2 Globos de Ouro: Mellor director, película de fala non inglesa. 3 Nomeamentos. 2000: 4 premios BAFTA, incluíndo David Lean á dirección, Anthony Asquith. 14 Nomeamentos. 2000: National Board of Review: Mellor película de fala non inglesa. 2000: Círculo de críticos de Nova York: Mellor fotografía. 2000: 2 premios no Festival de Toronto: Mellor director (Ang Lee), mellor película.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Taiwán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 73ª edición dos Óscar

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritics

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes de Taiwán Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes dirixidos por Ang Lee Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes wuxia Categoría:Filmes ambientados en Pequín Categoría:Filmes ambientados na dinastía Qing Categoría:Óscar ó mellor filme internacional