Pablo Nicolás Sebastián de Todos los Santos Urdangarin y Borbón, nado en Barcelona o 6 de decembro de 2000, é un xogador de balonmán español, que milita no filial do FC Barcelona. É o segundo fillo da Infanta Cristina de España e Iñaki Urdangarin, neto dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriño dos reis Filipe VI e Letizia Ortiz.
Seis semanas logo do seu nacemento en Barcelona, o novo membro da Familia real española foi bautizado o 20 de xaneiro de 2001 no Palacio da Zarzuela. O cardeal Antonio María Rouco Varela presidiu a cerimonia. Os padriños son Kubrat de Bulgaria, príncipe de Panagiurishte e a princesa Alexia de Grecia.O cuarto neto dos reis, Pablo Nicolás Sebastián, bautizado no Palacio da Zarzuela
Pablo é o oitavo na liña de sucesión ao trono de España, por detrás das súas curmás Lionor e Sofía de Borbón, a súa tía Elena de Borbón e os seus fillos Felipe Juan Froilán e Victoria Federica, a súa nai Cristina de Borbón e o seu irmán máis vello Juan, e por diante dos seus irmáns máis novos Miguel e Irene.Cinco Días: Así é a liña de sucesión da monarquía española Como fillo dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.
Ascendencia
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Familia real española
Ligazóns externas
Datos do xogador no sitio web oficial da ASOBAL .
Categoría:Familia real española Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Deportistas de Cataluña Categoría:Personalidades sen imaxes