The King's Speech é un filme británico de drama histórico dirixido por Tom Hooper que foi estreada en 2010, baseada na historia real do rei Xurxo VI do Reino Unido contra o inicio da segunda guerra mundial.

Sinopse Cando o rei Xurxo V (Michael Gambon) falece, o seu fillo Eduardo (Guy Pearce) pasa a ocupar o trono como Eduardo VIII. Eduardo tiña unha relación amorosa con Wallis Simpson, unha americana divorciada, pero non foi aceptada pola familia real, e cando manifestou a súa intención de casar con Mrs. Simpson foi rexeitado polo Primeiro Ministro Stanley Baldwin. Entón Eduardo VIII toma unha decisión drástica: en decembro do mesmo ano abdica, argumentando que non sería capaz de cargar o peso da coroa sen o apoio da muller que ama. O seu irmán máis novo Alberto (Colin Firth) convértese así no novo rei de Inglaterra como Xurxo VI, pero ten un problema: é tatexo e falar en público non é doado para el. Por iso, a súa muller Isabel (Helena Bonham Carter) contrata o excéntrico logopeda Lionel Logue (Geoffrey Rush) para que o axude. Finalmente, co apoio da súa familia, de Logue e do mesmo Winston Churchill (Timothy Spall), Xurxo VI prepárase para dar un discurso á toda a nación para dicirlles que o Reino Unido lle declara a guerra á Alemaña Nazi de Hitler.

Personaxes Colin Firth como Xurxo VI do Reino Unido. Geoffrey Rush como Lionel Logue. Helena Bonham Carter como Elizabeth Bowes-Lyon. Jennifer Ehle como Myrtle Logue. Michael Gambon como Xurxo V do Reino Unido. Derek Jacobi como Cosmo Gordon Lang. Guy Pearce como Eduardo VIII do Reino Unido. Timothy Spall como Winston Churchill. Anthony Andrews como Stanley Baldwin Eve Best como Wallis Simpsons Freya Wilson como Sabela II do Reino Unido Ramona Marquez como a Princesa Margarida do Reino Unido Claire Bloom como María de Teck

Galardóns e nomeamentos 2010: 4 Oscars: mellor película, director, actor (Colin Firth) e guión. 12 nomeamentos. 2010: Globos de Ouro: Mellor actor (Firth). 7 nomeamentos, incluíndo Mellor película drama. 2010: 7 Premios BAFTA, incluíndo Mellor filme e actor (Firth). 14 nomeamentos. 2010: Premio Goya: Mellor película europea. 2010: Festival de Toronto: Mellor película (Premio do Público). 2010: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actor (Colin Firth). 2010: Independent Spirit Awards: Mellor película estranxeira.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Filmaffinity Ficha na IMDb Web oficial

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Tom Hooper Categoría:Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes de Elstree Studios Categoría:Filmes de FilmNation Entertainment Categoría:Filmes independentes do Reino Unido Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes ambientados en 1925 Categoría:Filmes ambientados en 1934 Categoría:Filmes ambientados en 1936 Categoría:Filmes ambientados en 1937 Categoría:Filmes ambientados en 1939 Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal