Yo soy Bea foi unha telenovela española producida por Grundy Producciones para Telecinco. Era unha adaptación da colombiana Yo soy Betty, la fea, emitida por RCN Televisión Colombia; consecuentemente, os personaxes orixinais foron modificados e os seus perfís reescritos para a audiencia española, chegando ao momento de crear unha historia completamente nova tras a saída dos dous primeiros protagonistas.
Estreouse o 10 de xullo de 2006 e finalizou o 16 de agosto de 2009 tras 773 episodios e máis de tres anos de emisión.
Argumento A serie conta como Beatriz Pérez Pinzón, unha moza de 27 anos moi fea pero altamente intelixente, entra a traballar na cobizada revista de tendencias "Bulevar 21". Alí namorarase do seu xefe, Álvaro Aguilar, o mozo e recentemente nomeado director desta revista. A serie narra como Bea se terá que facer valer diante dos seus compañeiros a pesar do seu físico e namorar ao seu xefe.
Máis tarde a trama deu un xiro completo, houbo unha nova protagonista, Be, que debe demostrar ante todos, incluída a súa propia nai, que non necesita que ninguén a manteña e que pode coidar de si mesma. É Beatriz Berlanga Echegaray, unha moza que quere converterse en xornalista, convértese finalmente na protagonista absoluta da serie xunto a Roberto Vázquez, o redactor xefe, que máis tarde sería substituído por César Vila, un xornalista de investigación.
Intérpretes Segunda tempada Patricia Montero como Beatriz Berlanga Echegaray Álex Adróver como Roberto Vázquez Díaz Miguel de Miguel como César Villa Miguel Hermoso Arnao como Diego de la Vega David Arnáiz como Ricardo López de Castro "Richard" Emmanuel Esparza como Ignacio Goñi "Nacho" Rocío Peláez como Adriana Luque Ángeles Martín como Rosalía Martín "La Chali" María José Goyanes como Alicia Echegaray Fedra Lorente como Margarita "Marga" Vivales Raquel Meroño como Isabel Rocamora Marc Parejo como Ángel Nogales Aure Sánchez como Benito Lozano Rebeca Badía Benlloch como Noelia Abad Julio Vélez como Claudio Luque Noelia Rosa como Remedios "Reme" Adrián Lamana como Lolo López de Castro José María Sacristán como Lorenzo Olarte Lilian Caro como Julia Alejandra Lorente como Tania Lucena
Primeira tempada Ruth Núñez como Beatriz "Bea" Pérez Pinzón Alejandro Tous como Álvaro Aguilar Mónica Estarreado como Cayetana "Caye" de la Vega José Manuel Seda como Gonzalo de Soto Norma Ruiz como Bárbara Ortíz Martín Miguel Hermoso Arnao como Diego de la Vega David Arnáiz como Ricardo López de Castro "Richard" Emmanuel Esparza como Ignacio Goñi "Nacho" Roberto Correcher como Santiago "Santi" Rodríguez Vicente Cuesta como Carmelo Pérez Birgit Bofarull como Caroline "Carol" Robertsen Ana Milán como Sandra de la Vega / Sonsoles Prieto Amanda Marugán como Paula de la Vega / Paula Prieto Israel Rodríguez como José Ramón "J" López Juan Lombardero como Francisco Aguilar Ana María Vidal como Maria del Carmen "Titina" Velasco Eva Marciel como Olga Aranzadi Berta de la Dehesa como Jimena Fernández Carmen Ruíz como María Jesús "Chusa" Suárez Iñigo Navares como Beckham Gemma Giménez como Estela Molinero Eva Higueras como Andrea Benavente Santiago Roldán como Aníbal Carlos Manuel como Daniel Echegaray Sr. Inma Isla como Elena Puente Borja Tous como Saúl "Guti" Gutiérrez Jorge Lucas como Daniel Echegaray Jr. Sofía Monreal como Purificación "Puri" González Ismael Fritschi como Agapito "Mustang" Serafín Katia del Pino como Valentina Vargas Álvaro Morato como Paco De La Hera José María Sacristán como Lorenzo Olarte Fedra Lorente como Margarita "Marga" Vivales Aure Sánchez como Benito Lozano Ángeles Martín como Rosalía Martín "La Chali"
Premios 2006 Premio TP de Ouro á Mellor telenovela. Nomeamento ao Premio TP de Ouro á Mellor actriz (Ruth Núñez). Nomeamento ao Premio da Unión de Actores á Mellor actriz protagonista de televisión (Ruth Núñez). Nomeamento ao Fotograma de Prata á Mellor actriz de televisión (Ruth Núñez). Nomeamento ao Premio Zapping á Mellor actriz (Ruth Núñez).
2007 Premio TP de Ouro á Mellor telenovela. Nomeamento ao Premio Zapping á Mellor actriz (Ana Milán). Nomeamento ao Premio da Unión de Actores á Mellor actriz protagonista de televisión (Ruth Núñez). Nomeamento ao Premio da Unión de Actores á Mellor actriz revelación (Norma Ruiz).
2008 Nomeamento ao Premio TP de Ouro á Mellor telenovela.
2009 Nomeamento ao Premio TP de Ouro á Mellor telenovela.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial en Telecinco Capítulos de Yo soy Bea
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Telecinco Categoría:Telenovelas