José María Calveiro Couto, nado en Dornelas (Silleda) en 1891, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Irmán de Adolfo Víctor Calveiro, viviu na súa xuventude en Madrid unha existencia bohemia, e naqueles anos fixo amizade con Emilio Carrere e colaborou con Baltasar Pagés na revista España Nueva. Emigrou a Cuba e residiu na Habana entre 1906 e 1932, exercendo diversos oficios como os de xastre e reloxeiro. Foi membro da Agrupación Artística Gallega.Heraldo de Galicia, 23-5-1920, p. 4. Colaborou en Labor Gallega, onde publicou algúns poemas, e tamén en Alma Gallega, Heraldo de Galicia, Diario de la Marina e Eco de Galicia. Foi correspondente do Diario Español na vila de Caimito (Cuba) e xefe de redaccción de Juvencia,Eco de Galicia, 5-2-1922, p. 3. así como director de Atenea. En 1925 publicou o poemario Jardines de ensueño. Foi un dos fundadores da Irmandade Nazonalista Galega da Habana.

En 1932 retornou á súa parroquia natal, Dornelas, aínda que en 1934 residía en Madrid, pero dende aquel ano non se volveu saber máis del.

Obras Jardines de ensueño, 1925.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Biografía en Cultura Gallega

Categoría:Xornalistas de Silleda Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1891