O Kirsten Smits, en 2009Princess Ita - IMO 7413347, Shipspotting. chamado Princess Ita, é un buque de cargo coñecido por enfrontarse ao palangreiro galego Xurelo na Foxa Atlántica. O buque O Kirsten Smits foi construído en 1976 nos Países Baixos. Tiña inicialmente unha tonelaxe de 1.600, e na actualidade ten 2.202, cunha eslora de 85 m e 15 m de manga. A súa matrícula internacional é 7413347.
Foi rebautizado en diversas ocasións, como Caricom Express (1983), Salam M e como Fayza Caribs I (1993), de novo como Salam M e como Al Hami Allah (1994), como Sara 3 (1995), Princess Jasmine (2003), Princess Ita (2005) e finalmente como Lucky Sun (2011), con bandeira camboxiana"KIRSTEN SMITS - ID 3456", Stichting..
O incidente co Xurelo O 17 de setembro de 1981 o Kirsten Smits atopouse co Xurelo a unhas 300 millas ao noroeste de Fisterra. O palangreiro galego cunha tripulación de xornalistas e ecoloxistas e fretado polo partido Esquerda Galega, protestaba pola vertedura de residuos radioactivos por parte de buques neerlandeses, como o Kirsten Smits ou o Louise Smits, tamén na zona. En parte como consecuencia das fotografías tomadas polo Xurelo e a campaña internacional promovida por Greenpeace, en 1983 declarouse unha moratoria á vertedura de residuos nucleares na Foxa Atlántica, moratoria que cos anos acabou sendo permanente.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xurelo (barco) Louise Smits
Categoría:Mercantes Categoría:Barcos de 1976