A pereira ou pereira común (Pyrus communis, L.) é unha árbore da familia das rosáceas. O seu froito é a pera.
Características O seu talo é algo curvado e reclinado. As ramas son bastante curtas e moi ramificadas. Pode acadar entre 5 e 20 metros de altura.
A cortiza é escura, dividida e escamada en finas estrías e tiras verticais ou transversais. As follas son bastante delgadas, elípticas ou redondeadas, de 3–7 cm de lonxitude. As flores ábrense coa saída das follas. Chegan a medir 4 centímetros de lonxitude. O seu froito é a pera, duns 10 centímetros de lonxitude e case de igual grosor, en forma de floreiro.
Distribución e hábitat esquerda|miniatura|100px|Froito da pereira As pereiras son orixinarias de rexións temperadas do vello mundo. Localízase en soutos ou bosques caducifolios luminosos e cálidos.
Nome común Preira, pireiro, pireira, pereiro, pereira, peral, espiñeiro, espieiro e escambroeiro.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pyrus, o xénero. A pereira brava, outra especie do xénero Pyrus presente en Galicia. A pera, froito da pereira. A pereira na cultura popular galega
Ligazóns externas
Categoría:Froiteiras Categoría:Pyrus Categoría:Plantas descritas en 1753