Polonia é o máis Importante (en polaco Polska Jest Najważniejsza, abreviado PJN) e un partido político conservador moderado de Polonia, aparecido como escisión de Lei e Xustiza no 2010. Ten 15 membros no Sejm e 3 membros no Parlamento Europeo. Historia O 16 de novembro de 2010, os parlamentarios Joanna Kluzik-Rostkowska, Elzbieta Jakubiak e Pawel Poncyljusz, conxuntamente cos membros do Parlamento Europeo Adam Bielan, Michał Kamiński, Paweł Kowal e Marek Migalski, escindíronse do partido Lei e Xustiza e formaron esta nova agrupación política.Políticos escindidos de Lei e Xustiza forman nova "asociación", thenews.pl Varios deles xa foran expulsados de Lei e Xustiza antes. Kamiński declarou que o partido Lei e Xustiza estaba sendo tomado por extremistas de dereita. O partido escindido formouse ante a insatisfacción co liderado e dirección de Kaczyński.Cambios na alianza conservadora da UE, Michał Kamiński abandona partido de "extrema dereita", The Guardian, 22 de novembro de 2010

O nome do partido era a consigna orixinalmente utilizada por Jarosław Kaczyński na súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2010, nas que Joanna Kluzik-Rostkowska foi xefa de campaña.

Notas

Véxase tamén Páxina web

Categoría:Partidos políticos de Polonia