miniatura|300px|Pintura onde se amosa a nenos cantando panxoliñas en Grecia (1872). A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo Nadal.

Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral. As panxoliñas, pola contra, son cancións populares cantadas polo pobo, en grupo ou individualmente ante o Belén ou na festa do Nadal.

Sábese da existencia de panxoliñas desde o século XV, mais non nos chegou ningún documento que explique as súas características, só referencias a como se organizaban os veciños para lle iren cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.

Etimoloxía O nome panxoliña procede das dúas primeiras palabras do himno Pange lingua gloriosi corporis mysterium escrito por Tomé de Aquino no século XIII. A recuperación do termo tivo lugar en 1958 coa publicación do texto de Cipriano Torre Enciso.

Panxoliñas Adeste Fideles

Notas

Véxase tamén Outros artigos Vilancico

Ligazóns externas O nadal nas letras galegas (1940-1979), por Xesús Alonso Montero, en PDF Características das panxoliñas e outros cantares Sobre o Nadal galego e tres panxoliñas para oírmos Vídeo musical: Vinde vir o neno

Categoría:Literatura

Categoría:Canto tradicional galego