Carlos IV (en alemán: Karl IV, en checo: Karel IV, en latín: Carolus IV ) nado en Praga o 14 de maio de 1316 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1378, foi un emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, da Casa de Luxemburgo, e rei de Bohemia, Borgoña e Italia.
Biografía Primeiros anos de vida Membro da Casa de Luxemburgo, fillo do conde Xoán I de Luxemburgo (rei de Bohemia a través do seu matrimonio) e de Sabela de Bohemia (filla do rei Venceslau II e irmá de Venceslau III).
Foi Rei de romanos (entre 1344 e 1378) e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (entre 1355 e 1378). A través da súa herdanza paterna tamén se converteu en rei de Bohemia (entre 1346 e 1378) e conde de Luxemburgo (entre 1346 e 1353). Foi chamado Venceslau, mais despois da súa confirmación cambiouse o nome por Carlos.
Ascenso ao poder Foi elixido rei de romanos coa oposición do emperador Lois IV ao ser declarado deposto polo papa Xoán XXII pola política que mantivo en relación con Italia e o propio papado. Dous anos despois (en 1346 sucedeu ao seu pai no trono de Bohemia e no condado de Luxemburgo), prestou o seu apoio ao papa Clemente VI. En 1348 fundou a Universidade de Praga. En 1355 foi coroado rei dos longobardos e, en Roma, como emperador.
A través da promulgación da Bula de Ouro en 1356, quedaron establecidos os requisitos e pasos necesarios para alcanzar a elección como emperador do Sacro Imperio. Sucedeulle como monarca de Bohemia e Luxemburgo o seu fillo Venceslau, que tamén foi designado rei de Alemaña ou dos romanos. Foi o gran promotor da cidade de Praga, pero tamén reafirmou o valor emblemático de Nürnberg, dentro do Imperio, con cincuenta e dúas estancias na cidade.
Familia Matrimonios e fillos Carlos casou catro veces. A súa primeira esposa foi Branca de Valois (1316-1348), filla de Carlos de Valois. Desta unión naceron dúas fillas: Margarida de Luxemburgo (1335-1349), casada con Lois I de Hungría. Caterina de Bohemia (19 de agosto de 1342 - 26 de abril de 1395), quen contraeu matrimonio primeiro con Rodolfo IV e logo con Otto V.
O seu segundo matrimonio foi con Ana de Baviera (1329-1353), filla de Rodolfo II. Venceslau, que morreu de novo.
A súa terceira esposa foi Ana de Świdnica (1339-1362, filla de Henrique II e Catarina de Anjou), con quen tivo dous fillos: Venceslau de Luxemburgo (1361-1419), sucesor de Carlos como rei de Bohemia. Sabela de Bohemia (1358-1373), quen casou con Alberte III de Austria.
A súa cuarta esposa foi Sabela de Pomerania (1347-1393), filla do Boguslaw V, e Sabela de Polonia. Da súa unión naceron seis fillos:
Ana de Bohemia (1366-1394), quen casou con Ricardo II de Inglaterra Sexismundo de Hungría (1368-1437), emperador xermánico, rei de Bohemia e Margrave de Brandeburgo. Xoán de Luxemburgo (1370-1396). Carlos de Luxemburgo (1372-1373). Margarida de Bohemia (13731410), quen casou con Xoán III, Margrave de Núremberg. Henrique de Luxemburgo (1377-1378).
Ascendencia +Ascendencia de Carlos IV en tres xeraciónsCarlos IV de LuxemburgoPai:Xoán de BohemiaAvó paterno:Henrique VIIBisavó paterno:Henrique VIBisavoa paterna:Beatriz D'AvesnesAvoa paterna:Margarida de BrabanteBisavó paterno:Xoán I, duque de BrabanteBisavoa paterna:Margarida III de FlandresNai:Sabela de BohemiaAvó materno:Venceslau II de BohemiaBisavó materno:Otakar II de BohemiaBisavoa materna:Cunigunda de EslavoniaAvoa materna:Xudite de HabsburgoBisavó materno:Rodolfo I de HabsburgoBisavoa materna:Xertrude de Hohenburg
Véxase tamén Outros artigos Nové Město. Ponte de Carlos. A era de Carlos IV en Praga.
Categoría:Emperador do Sacro Imperio Romano Categoría:Casa de Luxemburgo Categoría:Emperadores de Alemaña Categoría:Nados en 1316 Categoría:Finados en 1378 Categoría:Nados en Praga