Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán, tamén coñecidos polas súas siglas, CRAG, é un cuarteto español de música pop, intermitentemente en activo desde os anos 1970, formado polos músicos Juan Robles Cánovas, Rodrigo García, Adolfo Rodríguez e José María Guzmán. Os catro xuntos publicaron en todos estes anos só tres elepés e, aínda que no seu momento non tiveron practicamente éxito, nin de público nin de crítica, pois co tempo son recoñecidos comparados coa banda estadounidense Crosby, Still, Nash and Young. O seu elepé Señora azul está considerado un dos mellores do pop español.
Discografía
Señora azul (1974). Hispavox. Queridos compañeros (1984). Polygram. CRAG 1985 (1985). Polygram. Rodrigo, Adolfo y Guzmán (1994). J.J. Record's. Gran Reserva 30 Años (2005). Emi.
Véxase tamén Ligazóns externas Cancións e acordes de Solera, CRAG, Cadillac e Guzmán. Entrada de Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán en La Fonoteca.
Bibliografía
Moya, Concha (2024).Adolfo. Por el camino púrpura. De Los Íberos a Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán (2024). Sílex Ediciones. 412 páxs. ISBN 978-84-10267-02-2.
Categoría:Grupos musicais de España Categoría:Grupos musicais formados en 1974