Roger Yonchien Tsien (en chinés tradicional 錢永健; en chinés simplificado 钱永健; en pinyin Qián Yǒngjiàn), nado o 1 de febreiro de 1952 en Nova York (Estados Unidos), é un bioquímico estadounidense, de orixe chinesa, profesor no Departamento de Química e Bioquímica da Universidade de San Diego. No ano 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Química, polo «seu descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde», xunto ao tamén estadounidense Martin Chalfie, e ao xaponés Osamu Shimomura. O premio, de 10 millóns de coroas suecas (1,4 millóns de dólares ou 1,03 millóns de euros) repartirase entre os tres por partes iguais.

Segundo o comunicado de prensa da Real Academia das Ciencias de Suecia en Estocolmo, o profesor Tsien "estendeu a paleta de cores máis aló do verde, o cal permite aos investigadores dar ás proteínas e células diferentes cores, para seguir varios procesos biolóxicos ao mesmo tempo." O propio Tsien declarou, en conferencia telefónica tras a noticia da adxudicación do Premio Nobel de Química 2008, que el non se considera un científico chinés: "Crieime nos Estados Unidos e desde entón pasei a miña vida aquí. Pero, se lles serve ás persoas na China, espero que o premio inspire a estudantes e científicos alá.

Traxectoria Roger Y. Tsien naceu en Nova York, aínda que creceu en Livingston (Nova Jersey). O seu pai era enxeñeiro mecánico, e os seus tíos por parte de nai eran profesores de enxeñería no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Un dos seus tíos foi o prominente científico chinés Qian Xuesen. Tsien, que se considera a si mesmo enxeñeiro molecular, dixo nunha ocasión: «estou facultado pola miña herdanza para desenvolver este tipo de traballo».Steele, D. (2004) Cells aglow. HHMI Bulletin, Summer 2004, 22-26

Tsien sufría de asma de pequeno, polo que pasaba gran parte do seu tempo en casa. Así, dedicaba longas horas a experimentos químicos no seu laboratorio do soto. Con dezaseis anos gañou o primeiro premio da Intel Science Talent Search, competición a nivel nacional nos Estados Unidos para estudantes de secundaria, cun proxecto sobre como os metais se unen ao tiocianato.The Chemistry of Fluorescent Indicators: the Work of Roger E. Tsien .

Estudou na Universidade Harvard, graduándose cun Bachelor of Science en física e química en 1972. Graduouse con summa cum laude. Tras a súa titulación uniuse ao Laboratorio Fisiolóxico da Universidade de Cambridge, Inglaterra, en 1977, e traballou como investigador no Gonville and Caius College ata 1981.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2008 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2008 Perfil de Roger Y. Tsien en NNDB

Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América