O Río Corgo, tamén coñecido como Río Corvo, é un pequeno río que nace no concello de Santiago de Compostela e desemboca no río Sarela. O río nace en Meixonfrío, ó norte da cidade, nun manancial á beira da rúa do Corgo. O seu percorrido é duns 5 quilómetros e discorre por algúns dos parques da cidade compostelá. Tamén hai treitos nos que o río foi artificialmente canalizado baixo a terra ó seu paso por zonas urbanas como interseccións de rúas ou a antiga feira do gando en Salgueiriños.
Características miniatura|dereita|300px|Nacemento do río Corgo en Meixonfrío, Santiago de Compostela. Ao pouco de nacer, o río ocúltase para reaparecer pouco despois en Salgueiriños. Ese treito do río forma parte dunha rede de parques e xardíns da cidade destinados ó lecer e ó paseo."Salgueiriños estrena parque y le da vida de nuevo al río Corgo" , artigo en El Correo Gallego, 13 de marzo do 2011 .
O río Corgo penetra na propia cidade de Santiago de Compostela por un conxunto de parques: o Parque da Ponte Mantible, o Parque da Música e mais o Parque de Galeras.
No Parque da Ponte Mantible, o río Corgo pasa por debaixo da Ponte Mantible, un acueduto da Idade Media que levaba auga á catedral e ás fontes da zona vella da cidade. No Parque da Música, o río Corgo é retido para formar un lago artificial fronte ó Auditorio de Galicia, e a continuación percorre o resto do parque entre árbores e pontes.
Uns centos de metros despois de deixar o Parque da Música, as augas do río Corgo son canalizadas de novo, ata chegar ó Parque de Galeras, preto do vello Hospital Xeral de Galicia, e ó pé do Monte Pío (a residencia oficial da Presidencia da Xunta), onde o Corgo e o Sarela se xuntan.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ríos de Galicia
Ligazóns externas Galería de imaxes Traxecto do río en Google Maps
Categoría:Santiago de Compostela Corgo