Vittore Pisani, nado en Roma o 23 de febreiro de 1899 e morto en Como o 22 de decembro de 1990, foi un glotólogo italiano.
Traxectoria Formación e primeiros estudos Sen unha preparación clásica adecuada (aprendeu de maneira autodidacta o grego e a mesma glotoloxíaCarlo Alberto Mastrelli, In memoria di Vittore Pisani, p. 5.), en 1916 inscribiuse na Facultade de Letras da Sapienza para o curso de doutoramento en Filoloxía clásicaVittore Pisani (Roma 1899-Como 1990), necroloxía en "Kratylos", vv. 35-6 (1990). e doutorouse en 1921 co helenista Nicola FestaMastrelli, p. 1. cunha tese sobre Helena de EurípidesCfr. Vittore Pisani, Elena e il suo ΕΙΔΩΛΟΝ, in "Rivista di Filologia e di istruzione classica", 56, 1928, pp. 491-99.. Tras o doutoramento estudou, tamén como autodidacta, o sánscrito e en 1923, por suxestión dun amigo sanscritista, mercou nunha librería de vello de Roma unha copia da Vergleichende Grammatik do fundador da indoeuropeística, Franz Bopp. Entrou así en coñecemento da lingüística indoeuropea, ou "indeuropea", como prefería dicir, e comezou a estudar os distintos aspectos relativos ás culturas expresadas nas linguas indoeuropeas.
Actividade académica e investigadora En 1930 obtivo o permiso de docencia en Glotoloxía e en 1933 foi profesor encargado de Historia comparada das linguas clásicas na Universidade de Florencia; en 1935 docente extraordinario de Glotoloxía na Universidade de Cagliari e finalmente, de 1938 a 1964, ordinario na Estatal de Milán; desde 1939 é socio correspondente do Instituto lombardo de ciencias e letras, e converteuse en membro efectivo en 1952. En 1946 fundou a revista Paideia e o ano seguinte o Sodalizio glottologico milanese, que promoveu varios convenios internacionais. En 1969 foi socio correspondente da Accademia Nazionale dei Lincei. Colaborou na Enciclopedia Italiana na sección de lingüísticaGiovanni Gentile, Giovanni Gentile e il Senato: carteggio, 1895-1944, . En 1985 adxudicáronlle o Premio Feltrinelli polos seus méritos filolóxicos e lingüísticos.
Nome destacado da lingüística italiana do século XX, na súa escola formáronse numerosos estudosos que acadaron importantes cátedras en Italia e no estranxeiro. Morreu no Hospital Sant’ Anna de Como o 22 de decembro de 1990, cando se convertera por idade no decano dos lingüistas italianos que vivían daquela.
Obras principais Grammatica dell'antico indiano (1930-1933). Geolinguistica e indoeuropeo (1939). Storia delle letterature antiche dell'India (1954). Indoeuropeo ed Europa (1974). Lingue preromane d'Italia: origini e fortune (1978). Lezioni sul lessico inglese, Paideia Editrice, Brescia, 1967, 1976 (segunda edición). Manuale storico della lingua greca, Paideia Editrice, Brescia, 1973, 1947 (primeira edición, Sansoni, Florencia)
A bibliografía completa das publicacións de Vittore Pisani foi recollida por en Ciro Santoro, Maria Teresa Laporta, Vittore Pisani glottologo (1899-1990). Bibliografia degli scritti, Galatina, Congedo, 1991. Notas
Véxase tamén Bibliografía Vittore Pisani (Roma 1899-Como 1990), necroloxía en "Kratylos", vv. 35-6 (1990). Carlo Alberto Mastrelli, In memoria di Vittore Pisani, en "Archivio glottologico italiano", LXXVII (1992). Giovanni Gentile, Giovanni Gentile e il Senato: carteggio, 1895-1944, a cargo de Emilia Campochiaro, Lucia Pasquini, Alessandra Millozzi, Rubbettino, 2004. Ligazóns externas Biografía de Vittore Pisani na ed. en rede do Dizionario Biografico degli Italiani Treccani
Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Lingüistas de Italia Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Alumnos da Universidade Sapienza de Roma Categoría:Membros da Accademia Nazionale dei Lincei Categoría:Nados en Roma