O día dos enganos, día da mentira ou día das petasRivas Quintas, Eligio. Frampas, contribución al diccionario gallego, 1978, entrada peta: Trola, mentira (Frades): O día das petas es el l de abril, y de él se dice: FRAS. O primeiro de abril, van os burros onde non debían de ir. El dicc.: peta, capricho, tontuna. é unha tradición que ten lugar no primeiro día de abril. Consiste en dar noticias falsas para enviar ás persoas onde non deben ir e outro tipo de brincadeiras.
Orixe
A orixe deste día é controversa, mais a versión máis aceptada para explicar por que o 1 de abril é considerado o día dos enganos ten que ver coa Francia do século XVI. Naquel tempo, o Ano Novo era festexado no día 25 de marzo, data que marcaba o comezo da primavera. As festas duraban unha semana e terminaban no día 1 de abril.
No ano 1564, despois da adopción do calendario gregoriano, o rei Carlos IX de Francia determinou que o ano novo sería commemorado no día 1 de xaneiro. Algúns franceses resistíronse á mudanza e continuaron a guiarse polo calendario antigo, polo cal o ano comezaba no 1 de abril. Os máis brincallóns comezaron a ridiculizalos, a enviarlles regalos estraños e convites para festas inexistentes, brincadeiras coñecidas como plaisanteries.
Actualidade Na actualidade o Día da Mentira é celebrado en multitude de países ao redor do mundo, entre os cales está Galiza. Nos países de cultura anglosaxoa é coñecido como April Fools' Day (día de abril dos parvos), e é costume que medios de comunicación e mesmo grandes empresas espallen novas falsas. En Italia, Francia e Belxica é coñecido como peixe de abril (pesce d'aprile en italiano, poisson d'avril en francés e aprilvis en neerlandés), e a tradición é facer bonecos de papel con forma de peixe e pegarllos á xente.
Na Galiza dise que No primeiro de abril van os burros onde non deben ir, cando alguén cae nun dos enganos propios do día.Eligio Rivas Quintas, Frampas, contribución al diccionario gallego, 1978 Se ben é certo que a celebración do Día dos Enganos en Galiza estaba a desaparecer, substituído en parte pola tradición española do Día dos Santos Inocentes, vénse facendo un esforzo nestes últimos tempos para manter e reavivar a tradición.
Notas
Categoría:Efemérides