O Sporting Club Bastia é un club de fútbol francés da cidade de Bastia, en Alta Córsega (Córsega). Foi fundado en 1905 e actualmente compite na Ligue 1, logo de ascender na tempada 2011–12.

Historia En 1905 fúndase o Sporting Club Bastia e ten como primeiro presidente a Emile Brandizi. En 1962 o club pasa a chamarse Sporting Etoile Club Bastia. En 1981 o equipo gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia. En 1992 o club cámbiase o nome polo actual, Sporting Club de Bastia.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón e medias grises.

Estadio

O Bastia xoga os seus partidos no Stade Armand Cesari, inaugurado o 16 de outubro de 1932, con capacidade para 10.130 persoas.

Neste estadio produciuse un suceso tráxico. Ocorreu en 1992 cando se decidiu instalar unha tribuna provisional para un encontro da semifinal da Copa de Francia. A tribuna afundiuse ocasionando a morte de 18 persoas.

Datos do club

Tempadas en Ligue 1: 28 Tempadas en Ligue 2: 14 Maior goleada conseguida: SC Bastia 6 - 0 Troyes (tempada 77-78) Maior goleada encaixada: Girondins de Bordeos 8 - 1 SC Bastia (tempada 68-69) Mellor posto na liga: 6º (tempada 1968-69) Peor posto na liga: 20º (tempada 1985-86) Máximo goleador: Claude Papi, con 110 goles. Máis partidos disputados: Charles Orlanducci, con 419 partidos disputados.

Palmarés Torneos nacionais Ligue 2 (2): 1968, 2012 Copa de Francia (1):: 1981 Subcampión da Copa de Francia (2): 1972, 2002

Torneos internacionais

Copa Intertoto da UEFA (1): 1997 Subcampión da Copa da UEFA (1): 1978

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de fútbol de Francia Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1905