District 9 é un filme de ficción científica dirixido por Neill Blomkamp que se estreou en 2009. O filme orixinal foi rodado en lingua inglesa, lingua nyanja, lingua afrikaans, lingua zulú, lingua xhosa e lingua sesotho. Protagonizada por Sharlto Copley, Jason Cope, e Robert Hobbs, o filme está ambientado en Xohanesburgo no ano 2010, 28 anos despois da chegada dunha nave alieníxena á cidade surafricana. Tras máis de dúas décadas dende o primeiro contacto, os aliens conviven cos humanos, pero foron recluídos nunha especie de gueto, o Distrito 9.

Sinopse Trala chegada dunha enorme nave espacial á cidade de Xohanesburgo (Suráfrica), os alieníxenas foron encerrados en campos de concentración en calidade de refuxiados. Uns vinte anos antes, cando entraron en contacto co noso planeta, os homes agardaban un ataque hostil, ou grandes avances tecnolóxicos. Pero o certo é que chegaron moribundos e sen un obxectivo definido.

Personaxes Sharlto Copley como Wikus van de Merwe Jason Cope como Christopher Johnson David James como Coronel Koobus Venter Eugene Khumbanyiwa como Obesandjo Louis Minnaar como Piet Smit Mandla Gaduka como Fundiswa Mhlanga Vanessa Haywood como Tania Smit van de Merwe Robert Hobbs como Ross Pienaar. Kenneth Nkosi como Thomas Nathalie Boltt como Sarah Livingstone Sylvaine Strike como Katrina McKenzie John Sumner como Les Feldman Nick Blake como Francois Moraneu Jed Brophy como James Hope Vittorio Leonardi como Michael Bloemstein Johan van Schoor como Nicolaas van de Merwe Marian Hooman como Sandra van de Merwe Stella Steenkamp como Phyllis Sinderson Tim Gordon como Clive Henderson Jonathan Taylor como o Doutor Nick Boraine como Tenente Weldon

Galardóns e nomeamentos 2009: 4 nomeamentos ó Oscar: Mellor filme, guión adaptado, montaxe, efectos visuais. 2009: Globo de Ouro: Nomeada ó Mellor guión.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Ficha na IMDb All Rovi

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua chewa Categoría:Filmes en lingua afrikaans Categoría:Filmes en lingua zulú Categoría:Filmes en lingua xhosa Categoría:Filmes en lingua sesotho Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Nova Zelandia Categoría:Filmes de Suráfrica Categoría:Filmes dirixidos por Neill Blomkamp Categoría:Filmes producidos por Peter Jackson Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes de WingNut Films Categoría:Filmes ambientados en 1982 Categoría:Filmes ambientados en 2010 Categoría:Filmes rodados en Suráfrica Categoría:Filmes sobre o apartheid Categoría:Filmes sobre extraterrestres Categoría:Filmes sobre inmigración Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América