Xoán Vicente Viqueira Cortón, nado en Madrid o 22 de outubro de 1886 e finado na Lagoa (Ouces, Bergondo) o 29 de agosto de 1924, foi un filósofo, psicólogo e pedagogo galego, conferenciante con sona de excelente orador, alumno da Institución Libre de Enseñanza, tradutor de autores europeos ao castelán, membro das Irmandades da Fala e participante nas asembleas nacionalistas. O nacionalismo galego de Viqueira era democrático, republicano, federal, socialista e laico, en contraposición co galeguismo conservador e católico de Vicente Risco. No ano 1974 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Traxectoria miniatura|esquerda|En Betanzos, cos compañeiros de colexio. De familia galega, neto de José Pascual López Cortón e sobriño político do pedagogo e profesor Manuel Bartolomé Cossío, quen foi o director da Institución Libre de Ensino tras o falecemento do seu mentor, Francisco Giner de Los Ríos. Foi fillo do matrimonio entre Vicente Viqueira, militar destinado en Madrid, e Luisa López-Cortón Viqueira, tío materno e sobriña o un da outra, respectivamente, que se separarían ao pouco., Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na universidade de Santiago, 1900-1940: do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado USC. Cuns meses de idade trasladárono a Galicia, primeiro á Coruña e despois a Vixoi, Bergondo, onde viviu ata os doce anos. Fixo os estudos primarios e os secundarios na vila de Betanzos. En 1898, volveu a Madrid para estudar na Institución Libre de Enseñanza, o que o puxo en contacto co pensamento científico moderno.
Dende os 15 anos sufriu unha doenza crónica nos cadrís, unha tuberculose ósea que lle provocou unha dolorosa osteomielite, polo que pasou épocas inmobilizado. O 26 de xuño de 1905 acadou o grao de bacharel como alumno libre do Instituto Eusebio da Guarda, daquela Instituto da Coruña.
Por causa da enfermidade, dende 1902 pasou estancias en París, onde foi operado por dúas veces. Na Universidade da Sorbona escoitou a Henri Bergson e asistiu ás clases de Célestin Bouglé, Émile Durkheim, Ranh, Georges Rodier e Ernest Martinenche. O 13 de xuño de 1911 obtivo o grao de licenciado en Filosofía pola Universidade de Madrid onde tamén fixo o doutoramento.
Foi bolseiro da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, e ampliou estudos en Alemaña, nas universidades de Berlín e Leipzig, asistindo ás clases de Georg Simmel, Alois Riehl, Ernst Cassirer e Wilhelm Wundt, e na Universidade de Gotinga, onde asistiu aos cursos de Edmund Husserl e outros, ata 1914. miniatura|dereita|No instituto de 2.º Ensino da Coruña, con compañeiros e alumnos. Curso 1920-1921. Ese verán, ao estalar a Primeira guerra mundial, volveu a España. Logo de dar clase na Institución Libre de Enseñanza con Francisco Giner de los Ríos, Luis Simarro, Manuel Bartolomé Cossío, súa tía Carmen López-Cortón Viqueira e José de Caso y Blanco, en abril de 1917 obtivo por oposición a cátedra de psicoloxía do Instituto de Santiago de Compostela, e ese mesmo ano conseguiuna tamén no Instituto da Coruña onde a mantivo até a morte, en 1924. A fin de ano trasladouse ao Instituto da Coruña, alí ingresou nas Irmandades da Fala, chegando mesmo a ser elixido conselleiro primeiro o 2 de abril de 1922 das Irmandades logo da súa ruptura e a aparición da Irmandade Nazonalista Galega de Risco, e colaborou con A Nosa Terra.
Vida persoal
Casou o 6 de maio de 1917 coa profesora estremeña e tamén institucionista, de orixe portuguesa, Jacinta Landa Vaz (Badaxoz 1894 - México 1993) e foron de viaxe de noivos a Portugal. Tiveron tres fillos, que trala Guerra Civil acabaron coa súa nai no exilio en México: Luísa (A Coruña 1918 - México 2014, bióloga), Jacinto (Badaxoz 1921 - México 2014, enxeñeiro) e Carmen (Badaxoz 1923 - México 2010, antropóloga).
Creación literaria miniatura|250px|Quinta de San Vitorio, onde residiu os derradeiros anos.Resolución … por la que se acuerda tener por incoado expediente de declaración de monumento histórico-artístico a favor de la «Quinta de San Victorio»… Viqueira escribiu en castelán obras sobre filosofía, psicoloxía e pedagoxía como Introducción a la Psicología pedagógica, Elementos de Ética, Lecciones elementales de historia de la Filosofía, Ética y Metafísica, La Psicología contemporánea e traducións de Teócrito, Immanuel Kant ou David Hume. A maioría da produción en galego de Viqueira editárona os seus amigos no volume Ensayos y Poesías en 1930 (Editorial Nós), reeditado por Galaxia en 1975. Como poeta escribe sempre en galego excepto uns versos titulados "Badajoz" nos que canta á terra da súa muller.
A obra galega de Viqueira centrouse sobre todo no sistema educativo, na súa galeguización e na súa reforma, así como na ortografía do galego que Viqueira quería que se achegase á portuguesa, o artigo publicado en A Nosa Terra en 1918 Pol-a reforma da ortografía, considérano algúns o nacemento do reintegracionismo. miniatura|230px|"A nosa língua", 20-4-1918.
Obras Vicente Viqueira. La enseñanza de la psicología en las Universidades alemanas. JAE. 1915.Anales de la Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas Vicente Viqueira. Un nuevo factor de la memoria de identificación, JAE, Tipografía de Fortanet. 1916. J. V. Viqueira. Introducción a la psicología pedagógica. Francisco Beltrán. 1919.Ficha de Introducción a la psicología pedagógica no Proxecto Meiga (Fundación Penzol). Vicente Viqueira. Tratado de la naturaleza humana, 3 t., tradución do orixinal de Hume. Calpe. 1923.Tratado de la naturaleza humana imaxe das portadas.
Póstumas, recompilacións e reedicións miniatura|250px|Anaco de "Nosos problemas educativos". Conferencia lida na Coruña o 2-3-1918. J. Vicente Viqueira. La psicología contemporánea. Colección Labor. 1930.La psicología contemporánea Imaxe da portada. J. V. Viqueira. Ensayos y poesías, Nós, 1931., Xabier: Os libros de Ánxel Casal 12/1/2014. Xoán Vicente Viqueira. Escolma de traballos. Publicacións da RAG. 1974. Xan Vicente Viqueira. Escolma de prosa e verso. Secretariado de Publicacións da USC. 1974. Xohán Vicente Viqueira. Da Galicia de mañá. Galaxia. 1974. Xohán Vicente Viqueira. Ensaios e poesías. Galaxia. 1974. Con textos en castelán e galego, incluíndo os seguintes (véxase a listaxe completa en Wikisource): miniatura|175px|"Cantar do berce", 1922.
Ensaios: Xohán Vicente Viqueira: O home Datos biográficos "Exaltaciós" "Ser ou non ser" "A nosa língua" "O campo e a cidade" "Libertade" "Autonomía" "Esforzo" "O que precisa a nosa juventude" "Miña Galicia" "Alma" "Diálogo trascendental" "Alma e terra" "Divagaciós engebristas" "Pensamentos" "O nazonalismo jurdindo" "O día de mañán" "Nacionalismo e socialismo" "A nosa escola" "O galego na escola" "Nosos problemas educativos" "Pol-a reforma da ortografía" "Da renascencia lingüística" "Pol-a reforma ortográfica" "Duas ideias" "A nosa facultade de filosofía" "O noso insino técnico" "Verbas axeitadas" "O rexionalismo en Franza" "Novos poemas de Portugal" "Disonancia e consonancia" "Da cultura irmá. Leandro de Coimbra" "Divagacións lingüísticas" "En loubor de F. Tettamancy" "Pensamentos pra unha universidade galega" Poesías: "O meu lar" "Longe" "Sonetos" "O meu castelo" "Malenconía" "Poemento da vida" "Cantar do berce" "Versiós" J. V. Viqueira. Ensaios. Biblioteca 114, El Correo Gallego, n.º 64, 1991. Ensaios sobre Galicia (2022). Vigo: Galaxia. 306 páxs. ISBN 978-84-9151-777-1. Prólogo de Narciso de Gabriel.
João Vicente Biqueira (1924-2024). Poemas e ensaios (2024). Através Ed. Edición de António Gil Hernandez.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, F. (1996). ""J. V. Viqueira", pp. 269-282, en Personajes para una historia de la psicología en España UAB. , F. e , A.: "La visión de Viqueira sobre la psicología infantil y pedagógica ", pp. 117-126, en Revista de historia de la psicología, v. 10, n.º 1-4, 1989. , Antón (1996). A reforma da educación. X. V. Viqueira e a historia da psicopedagoxía en Galicia, Ediciós do Castro, Sada. , Xosé Ramón (2010). «Los Estudios sobre la Infancia y el Lenguaje Infantil en el Seminario...» UBU , N. e , A.: "Una aproximación a la experiencia de Viqueira en Göttingen", pp. 115-122, en Revista de historia de la psicología, v. 29, n.º 3-4, 2008. , Anxo Serafín (1986). La Institución Libre de Enseñanza en Galicia. Ediciós do Castro, ISBN 84-7492-311-5. , D. (2000). «Planificaçom lingüística do galego: Vicente Viqueira, mestre de dom Ricardo» en J. L. Rodríguez (ed.) Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, pp. 267–281, USC. , Ramón (1992). X. V. Viqueira: Teoría e praxe, Padrón, Novo Século. , M. J. de, , Agustín: "Juan Vicente Viqueira e Eloy Luís André: dous psicólogos galegos de principios de século", en EDUGA, nº 14, febreiro 1997.
, Ramón (1951). A xeración do 16 Discurso de ingreso na Real Academia Galega.
Outros artigos I Asemblea Nacionalista III Asemblea Nacionalista Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas Ligazóns externas : Álbum da JAE Consello da Cultura Galega. Historia da Literatura Galega Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Tradutores do alemán Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Alumnos da Institución Libre de Enseñanza Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Artigos destacados sobre Galicia Categoría:Pensionados da JAE Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Ensaístas de Galicia