A Asociación de Equipos de Fórmula Un (FOTA) é un grupo de equipos de Fórmula Un que se formou nunha reunión en Maranello o 29 de xullo de 2008. Esta organización dá aos equipos unha soa voz nas súas conversacións coa FIA e Formula One Group sobre o futuro da Fórmula Un. Está dirixida polo director do equipo McLaren Martin Whitmarsh, que foi nomeado en decembro de 2009. A primeira tarefa da FOTA era negociar os termos do novo Acordo da Concordia, o contrato comercial que rexe o campionato.

O grupo tamén discutirá a proposta da FIA para os regulamentos da Fórmula Un para a tempada de Fórmula Un . O director do equipo Mercedes GP, Ross Brawn, ofreceu os seus servizos para coordinar esta actividade.

Orzamento Cap Row

En maio de 2009, os equipos da FOTA anunciaron a súa intención de non inscribirse no campionato de ata que a FIA modificara as regulacións propostas. A FOTA non estaba de acordo con varias das propostas, a maioría dos contenciosos eran pola introdución dun límite orzamentario de 40 millóns de £. Coa data límite 29 de maio achégandose os equipos Williams e Force India rompen filas, presentando as súas solicitudes para o ano 2010 e son suspendidos rapidamente da FOTA. Tras longas discusións, na tarde do 18 de xuño de 2009, a FOTA anunciou a ruptura coa F1 creando a serie "Gran Premio do Campionato do Mundo" . Os equipos WilliamsF1 e Force India non participarían na serie paralela debido á súa obrigación contractual coa FIA. Con todo, o 24 de xuño de 2009, a FOTA chegou a un acordo coa FIA para as regras da tempada 2010 e abandonaron os seus plans para a ruptura da serie.http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/8116756.stm F1 resolution found, says Mosley

As partes foron capaces de asinar un novo Acordo da Concordia, de acordo ás restricións de recursos e as novas regulacións deportivas e técnicas para a tempada nunha reunión da FIA World Motor Sport Council o 31 de xullo de 2009. Todos os equipos da FOTA asinaron o novo Acordo da Concordia agás de BMW Sauber, que anunciara a súa retirada do deporte a finais de 2009, dous días antes..

O 9 de setembro de 2009 a FOTA celebrou unha reunión en Monza e readmitiron Williams e Force India como membros de pleno dereito.http://www.teamsassociation.org/press-release/2009-09-09/press-release-monza Press Release | Formula One Teams Association O 26 de novembro de 2009 confirmouse que os dous últimos "novos" equipos uníanse á FOTA,, significa que os 12 equipos participantes na tempada eran membros da organización. En decembro de 2010, Hispania Racing deixou a organización. Un portavoz do citado equipo alegou a política da asociación a favor dos equipos máis grandes como a razón para a súa saída do equipo. Con todo, o secretario xeral da FOTA, Simone Perillo, dixo que o equipo fora expulsado debido a que non pagara a súa cota anual de 2010 de 100.000 euros. Red Bull Racing, Scuderia Ferrari e Sauber saíron da FOTA a principios de decembro de 2011.

Equipos

A asociación, dirixida polo xefe de McLaren, Martin Whitmarsh, componse dos seguintes equipos:

Nome Nacionalidade Base Force India Silverstone, Reino Unido Lotus Hingham, Reino Unido McLaren Woking, Reino Unido Mercedes Brackley, Reino Unido Lotus Renault GP Enstone, Reino Unido Toro Rosso Faenza, Italia Virgin Dinnington, Reino Unido Williams Grove, Reino Unido Non Membros que corren na Fórmula 1 Scuderia Ferrari http://www.autosport.com/news/report.php/id/96614 Maranello, Italia Red Bull Racing Milton Keynes, Reino Unido HRT Murcia, España Sauber http://www.autosport.com/news/report.php/id/96685 Hinwil, Suíza

Notas

Categoría:Organismos da Fórmula 1