Vicente Sierra Martínez, nado en Pontecesures o 21 de abril de 1900 e finado no mesmo concello o 19 de xuño de 1981, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Cursou o bacharelato no Colexio dos Xesuítas de Camposancos. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela con premio extraordinario. Ingresou no Corpo de Avogados do Estado en 1925, sendo destinado a Delegación de Facenda de Córdoba. Traballou como avogado do Estado na Subdelegación de Facenda de Vigo dende 1927. Como político, foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo Partido Republicano Radical nas eleccións xerais de 1933. Presentouse ás eleccións xerais de 1936 pero non saíu elixido. Finou en Ponteareas o 19 de xuño de 1981.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-6-1981, p. 19.

Recoñecementos

Foille concedida a Gran Cruz do Mérito Civil en 1970. Vida persoal

Casou con María Luisa Docet Ríos e foi pai de Vicente, María del Pilar, José Luis, María Luisa e María Guadalupe Sierra Docet.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Vicente Sierra no MEH Condecoración no BOE

Categoría:Avogados de Pontecesures Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Pontecesures Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1981